O Concello de Carballo pon en marcha un novo programa de formación en lingua e cultura galegas para a segunda metade do ano 2026. A iniciativa inclúe actividades presenciais nas Escolas do Xardín Agra de Caldas a partir do 10 de setembro. Toma nota!
- Curso de introdución á lingua e á cultura galegas: Pensado para persoas maiores de 16 anos que comezan desde cero ou contan con coñecementos básicos (especialmente para quen provén do exterior). Constará de 20 horas lectivas entre o 10 de setembro e o 7 de outubro, en horario de 10.30 a 11.30, e ofrecerá certificado de aproveitamento expedido pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.
- Obradoiro de acollemento lingüístico: Dirixido a persoas adultas de fóra de Galicia para mellorar a comprensión e produción oral e escrita. Impartirase do 10 de setembro ao 17 de decembro, de 17.00 a 19.00 h, con dous grupos (iniciación e perfeccionamento) de 28 horas cada un. Ao final emitirase un diploma de participación do Concello.
- Clases para aspirantes a Celga: Sesións de preparación práctica de 12 horas para as probas oficiais da Xunta de Galicia. Desenvolveranse do 10 de setembro ao 26 de novembro, de 19.00 a 21.00 h, en dous grupos distintos.
- Falarmos… nós: Espazo seguro de conversa en galego para persoas adultas. Cun total de 15 horas de duración, impartirase entre o 10 de setembro e o 17 de decembro de 11.30 a 12.30 h, en grupos reducidos de 10 participantes.
Queres poñer a punto o teu galego? Inscríbete!

