O Concello do Grove por Resolución da Alcaldía-Decreto nº 2026-0577 de data 08.08.2026 aprobou a apertura excepcional do prazo de inscrición no proceso selectivo para a contratación do persoal para o Programa singular de Exaltación da Gastronomía do Grove e Desestacionalización do turismo: Festa do Marisco 2026, nos postos de Axudante de cociña, Peón de limpeza, Dependente de stand e Caixeiro.
As persoas que xa forman parte da bolsa de emprego non terán que presentar a documentación de novo, agás que queiran aportar novos méritos ou inscribirse en postos diferentes.
As novas inscricións ás listas en cada un dos postos abertos, incorporaranse a continuación do último candidato que figura na última actualización das listas publicadas para cada posto.
As bases e a solicitude de inscrición estarán expostas no Taboleiro de Anuncios e na sede electrónica do Concello do Grove (https://concellodogrove.sedelectronica.gal/info.0). O período de presentación de instancias será ata o venres 21 de agosto.

