Home O Salnés O Grove Feijóo aborda co alcalde do Grove proxectos prioritarios como o Centro de...

Feijóo aborda co alcalde do Grove proxectos prioritarios como o Centro de Saúde e o PXOM

- Anuncio -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe ao alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos Rico, a previsión de considerar como prioritario o novo centro de saúde da localidade, que está pendente da cesión da parcela por parte do concello. Estas novas instalacións enmarcaríanse no Plan de Infraestruturas Sanitarias que está a elaborar o Goberno galego.

Durante unha xuntanza celebrada na Delegación Territorial da Xunta en Vigo, Feijóo e Cacabelos abordaron outras cuestións de interese para o concello, como a tramitación do novo PXOM, que está a piques de ser aprobado e para o que a localidade recibiu axudas da Xunta.

Outros dos asuntos que centraron o encontro foron os relacionados co abastecemento. Así, en canto á necesidade de actuar na tubaxe de abastecemento xeral da auga, o presidente mostrou a disposición da Administración autonómica a cofinanciar unha parte dos traballos no marco dun acordo no que participe tamén a Deputación provincial. Cómpre recordar que o abastecemento é xestionado pola propia Mancomunidade, que se ocupa tamén da recadación dos usuarios.

No eido das infraestruturas viarias, o titular do Goberno galego avanzou a intención da Xunta de executar o vindeiro ano o reforzo de firme no treito A Lanzada – O Grove na PO-316.

Nesta liña, tras salientar as melloras efectuadas no pavimento da AG-41, que contaron cun investimento de máis de 5 millóns de euros e que supuxeron unha diminución significativa da sinistralidade, Feijóo anunciou que a execución dun novo carril cara á glorieta da PO-504 en Sanxenxo comezará no vindeiro mes de setembro para evitar a afección ao tráfico nos meses de verán.

Ademais, tamén sinalou que a Xunta segue a analizar alternativas ao desdobramento da VAP Sanxenxo (AG-41) – A Lanzada (PO-550).

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

Publicacións Relacionadas