Home A Coruña Trenpr supervisa as melloras na Área Recreativa do Parque das Ferreñas e...

Trenpr supervisa as melloras na Área Recreativa do Parque das Ferreñas e a restauración da Igrexa de San Xurxo de Torres en Vilarmaior

- Anuncio -

― O delegado da Xunta destacou que estas dúas actuacións contaron cun apoio total da Xunta de máis de 138.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez, visitou dúas actuacións contaron co apoio económico da Xunta de Galicia de case máis de 138.000 euros.

Concretamente, supervisaron o resultado final das obras de integración do sendeiro paralelo ao río Baxoi no Parque das Ferreñas que na actualidade conta cunha pequena zona de leces integrada por un muíño restaurado, unha zona de merendeiro e un espazo para nenos, nunha superficie total de 1.815 metros cadrados.

Con esta nova actuación habilitouse unha senda peonil ao carón das augas e afastouse a zona de aparcamentos de vehículos evitando deste xeito os problemas derivados da saturación das cotas que están máis preto do río. Isto permitiu incrementar ao máximo a zona de aparcamentos e pavimentar facilitando a drenaxe e o tratamento de pluviais. O ordenación resultante logra maximizar o espazo dedicado ás diferentes funcións de toda a zona recreativa.

Trenor subliñou que esta actuación contou cunha achega da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de máis de 50.000 euros.

Retablo igrexa San Xurxo de Torres

O delegado da Xunta visitou tamén a igrexa de San Xurxo de Torres para supervisar o resultado final das obras restauración deste centro eclesiástico que contou cunha axuda da Xunta de 88.000 euros.

Trenor explicou que “esta actuación permitiu a mellora estrutural deste ben catalogado e que se enmarca na colaboración que a Consellería de Educación, Cultura e Universidade mantén coa Diocese de Santiago de Compostela para a conservación de varios inmobles eclesiásticos”.

O delegado de Xunta apuntou que “con esta obra solucionáronse algúns dos problemas que o templo mostra na actualidade especialmente na súa estrutura e permiten impulsar o seu valor patrimonial e cultural”

Neste sentido, as obras resolveron os problemas das gretas e desprazamentos na zona sur do arco toral e na zona este de o muro sur así como sobre os problemas de illamento e filtracións na cuberta.

Do mesmo xeito, levouse a cabo o cambio do falso teito e tamén da cuberta existente, neste caso por unha solución de tella curva ou equivalente sobre placas de fibrocemento. O proxecto incluíu a disposición dunha drenaxe perimetral que recolla as augas da cuberta.

A Igrexa de San Xurxo de Torres de Vilarmaior é un ben catalogado situado ás portas do camposanto, rodeada por un murete perimetral. Trátase dun templo de planta rectangular, cunha soa nave e presbiterio rectangular, á que se lle engadiu no seu muro setentrional a sancristía.

O interior do edificio é de gran sobriedade do que cabe destacar un sinxelo retablo no altar maior. Coa posta en marcha destas actuacións, a Xunta de Galicia continúa profundando no seu compromiso por garantir a conservación e protección dos bens de interese patrimonial que favorezan, ademais, a súa promoción e divulgación.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas