Home Ourense Allariz-Maceda O ciclismo feminino dáse cita en Baños de Molgas para o campionato...

O ciclismo feminino dáse cita en Baños de Molgas para o campionato galego por estrada

- Anuncio -

Baños de Molgas será, por segundo ano consecutivo, o escenario dunha das grandes citas do calendario deportivo autonómico coa disputa o sábado, 10 de xullo, do Campionato Galego de Ciclismo por estrada, onde as ciclistas femininas serán as protagonistas ao darse cita nesta localidade deportistas de todas as categorías, ademais de cadetes e júniors masculinos. A presentación desta proba tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial coa asistencia do vicepresidente da Deputación de Ourense Rosendo Fernández; Xaime Iglesias, alcalde de Baños de Molgas; Manuel Pérez, xefe territorial de Deportes da Xunta; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; e Carlos Moure, presidente da Fundación ADO Moure, organizadora da proba.

Máis de 300 ciclistas participarán na competición, a máis importante do ano en Galicia para as categorías convocadas. A xornada inclúe tres carreiras válidas para o Campionato Xunta de Galicia e para a Copa Deputación, con saída e chegada na estación do ferrocarril de Baños de Molgas, pertencente á rede Estacións Vivas do Inorde. Todas as categorías femininas, desde cadetes ata máster, comezarán a competición as 12.00 horas, mentres que os cadetes masculinos disputarán a súa proba ás 10.00 horas e os júniors na quenda de tarde a partir das 16.45 horas.

Relacionadas

A Deputación inicia no Salnés as mesas de traballo para a elaboración da Estratexia...

0
O deputado provincial Javier Tourís asistiu este martes no Pazo Vista Real de Vilanova de Arousa ao encontro, no que participaron preto dunha vintena...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao sector agrario e gandeiro da provincia...

0
O presidente provincial asina co director da Fundación, Ricardo Durán, un convenio para cooperar na organización de feiras e mercados agrarios que potencien a...

Luisa Sánchez participa na presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á 1ª Nacional de Balonmán...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

Publicacións Relacionadas