Home Pontevedra Deza O spaniel continental enano Graceross Zalomes Biforis, campión da 95ª Exposición Nacional...

O spaniel continental enano Graceross Zalomes Biforis, campión da 95ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA

- Anuncio -

ESTE EXEMPLAR, QUE COMPETIU CONTRA OUTROS 386 CANS QUE PARTICIPARON NAS FINAIS DE ADULTOS, PERTENCE A JOSÉ LUIS SANTIAGO PIER, DE A CORUÑA

O spaniel continental enano Graceross Zalomes Biforis alzouse hoxe como campión da 95ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, a cal se disputou neste recinto feiral dende primeira hora da mañá.

Este can, que é o Best in Show de toda a Exposición, pertence a José Luis Santiago Pier, de A Coruña. O segundo posto foi para O staffordshire bull terrier Storm Blackstaff Jagger, de Saioa Aresti Espinosa e Jorge Méndez Castro, de Vizcaya, mentres que o terceiro acadouno o can de raza rhodesian ridgeback Charly de la Muela de Cortes, de José Antonio Ballesteros Carrion, de Madrid.

Estes exemplares foro elixidos como os mellores da Exposición entre 386 cans que competiron nas finais da categoría de “Adultos”, ás cale poden optar tamén os exemplares con mellor puntuación das restantes categorías, excepto “Moi Cachorros” e “Cachorros”.

Ademais, no resto das categorías, tamén se elixiu aos tres mellores. En “Moi Cachorros” o vencedor foi o golden retriever Top Pride´s Light It Up Like Dynamite, propiedade de Juan Francisco Asensio Mamone, de Alicante, mentres que en “Cachorros” foi o border collie Wild Storm Blind Love, de Ángela Santiago, de A Coruña.

En “Xóvenes” o gañador foi o bullmastiff Sir Oliver Twist da Casa Alto Cristelo, de Ricardo Silva, de Portugal, ao tempo que en “Veteranos” o campión foi o teckel miniatura de pelo corto Line of Life Illinois, de César Jul Barro, de A Coruña.

En “Razas Españolas” gañou o can de presa canario Palmera del Calabazo, de Laureano Álvarez Delgado, de Las Palmas. Recoñeceuse ademais á mellor “Parella”, conformada polos exemplares de coton de tuléar Montewhite Libius Severus e Catherine Z-Jones de Bergidum Coton, propiedade de Beatriz Rodríguez González, de Málaga. O mellor “Grupo de Cría” estivo conformado polos catro schanuzer miniatura branco Roko de Santamariñacans, Maisy de Santamariñacans , Zeltia de Santamariñacans y Carola de Santamariñacans, propiedade de Santamariñacans, de Pontevedra.

Nesta 95ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, que ten como obxectivo buscar aos exemplares máis semellantes aos estándares da Federación Cinológica Internacional (FCI) e así recoñecer aos mellores cans para a cría, participaron en total 455 exemplares procedentes de distintos puntos de España e tamén de Portugal, China e Estados Unidos. Foron valorados por dez xuíces que tiveron en conta a morfoloxía, movementos e carácter dos cans.

Esta cita, organizada pola Sociedade Canina Galega, é de máximo nivel, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de concursos. Os participantes tamén obtiveron nesta competición puntos para o Campionato de España.

A esta proba uníronse hoxe tres monográficos con categoría nacional, a IV Xuntanza do Mastín do Pirineo, organizada polo Club del Mastín del Pirineo de España (CMPE), a IV Monográfica B de Galicia do Teckel Club de España e o Concurso Monográfico do Bulldog Francés. En canto a esta última raza, os exemplares que participen mañá na Exposición Internacional Canina poderán puntuar para a Clasificación da Asociación Española para el Fomento de la Raza Bulldog Francés, AEFRBF´21

Mañá, competición nacional e internacional

Mañá disputaranse a 96ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA e a 42ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas