Home Pontevedra Deza O australian shepherdog asturiano Once In A Lifetime De la Noval, gañador...

O australian shepherdog asturiano Once In A Lifetime De la Noval, gañador da 42ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA

- Anuncio -

• ALZOUSE COMO VENCEDOR TANTO NESTE CONCURSO COMO NA 96ª EXPOSICIONAL NACIONAL, XA QUE O XULGAMENTO É COMÚN PARA AMBAS PROBAS

• ESTE EXEMPLAR, QUE COMPETIU CONTRA OUTROS 410 CANS DE DISTINTOS PUNTOS DE ESPAÑA, PORTUGAL, CHINA E ESTADOS UNIDOS QUE PARTICIPARON NAS FINAIS DE ADULTOS, PERTENCE A SONSOLES HEVIA DE LA NOVAL

O can de pastor australiano (australian shepherdog) Once In A Lifetime De La Noval alzouse hoxe como campión da 42ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA e a 96ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, as cales se disputaron neste recinto feiral dende primeira hora da mañá e estiveron organizadas pola Sociedade Canina Galega.

Este exemplar é o Best in Show de ambas Exposicións, xa que o xulgamento destas competicións é común e, polo tanto, os seus resultados coincidentes nas distintas categorías. O can vencedor pertence a Sonsoles Hevia de la Noval, de Asturias.

Por outra banda, o subcampión foi o scottish terrier Make It Right Dai Hard, propiedade de Pablo Gómez Puertas, de Madrid, mentres que o terceiro posto foi para a femia de akita americano Wolf-Gray The Show Must Go On, de Francisco Javier Ponte Crespo, tamén de Madrid.

Estes exemplares foro elixidos como os mellores da Exposición entre 411 cans de distintos puntos de España, Portugal, China e Estados Unido que competiron nas finais da categoría de “Adultos”, ás cales poden optar tamén os cans con mellor puntuación das restantes categorías, excepto “Moi Cachorros” e “Cachorros”. En canto aos exemplares chinos e estadounidenses, trátase de cans que están a facer campaña en España con participación en distintos concursos e que son presentados por handlers españois, mentres que os cans españois e portugueses son mostrados polos seus propietarios ou handlers nacionais.

No resto das categorías tamén se elixiu aos tres mellores. En “Moi Cachorros” o vencedor foi ao igual que na Exposición Nacional de onte o golden retriever Top Pride´s Light It Up Like Dynamite, propiedade de Juan Francisco Asensio Mamone, de Alicante, mentres que en “Cachorros” gañou o bulldog francés Carpe Diem Bulldog Juethalma, de Juan Luis Gema Castillo, de Málaga.

En “Xóvenes” a gañadora foi a siberian husky Snow Image Karmenta, de Cristian Renes Parra, de Tarragona, ao tempo que en “Veteranos” venceu o schnauzer miniatura negro Roke de Santamariñacans, de Francisco José Fernández Sáez e Blanca Díaz Treviño, de Pontevedra.

En “Razas Españolas” repetiu respecto á 95ª Exposición Nacional a femia de presa canario Palmera del Calabazo, de Laureano Álvarez Delgado, de Las Palmas. Recoñeceuse ademais á mellora “Parella”, conformada polos schnauzer miniatura branco Roko de Santamariñacans e Zeltia de Santamariñacans, os cales xa venceron onte en “Grupo de Cría” na 95ª Exposición Nacional xunto con outros dous exemplares e son propiedade de Francisco José Fernández Sáez e Blanca Díaz Treviño, de Pontevedra. En canto ao mellor “Grupo de Cría”, estivo conformado polos catro bouvier de berna Devael Gin Makes Me Spin, Devael Be Water My Friend, Devael Fifty Shades of Pink e Devael Keep on Flowing, de Nuria Pujol e Norbert Strahl, de Palencia.

Nesta 96ª Exposición Nacional Canina e 42ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA participaron en total cerca de 500 exemplares que foron valorados por dez xuíces de España e Portugal, os cales tiveron en conta a morfoloxía, movementos e carácter dos cans.

Cita referente para o mundo canino

Esta dúas competicións sumáronse á 95ª Exposición Nacional Canina celebrada onte no recinto, na cal se elixiu como campión ao spaniel continental enano Graceross Zalomes Biforis, e tamén aos monográficos de mastín do pirineo, teckel e bulldog francés. Seis citas que reuniron a mil cans de catro países e cerca de 150 razas e que converteron á Feira Internacional de Galicia ABANCA en espazo de referencia para o mundo canino, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de concursos.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas