Home A Coruña Malpica clausura os obradoiros de memoria e arranxos florais destinados a persoas...

Malpica clausura os obradoiros de memoria e arranxos florais destinados a persoas maiores e con diversidade funcional

- Anuncio -

• As sesións impartíronse tanto nas instalacións do Centro Cívico como nas da Casa do Oleiro de Buño.

• Acudiu o concelleiro de Benestar, Sergio García a ambos peches da actividade.

O Concello de Malpica clausurou esta mañá os obradoiros de memoria e arranxos florais destinados a persoas maiores e con diversidade funcional. Acudiu o concelleiro de Benestar, Sergio García.

Os talleres realizáronse tanto nas instalacións do Centro Cívico municipal como nas da Casa do Oleiro de Buño.

As persoas inscritas amosáronse moi ledas logo da experiencia, cuxo obxectivo prioritario foi o de promover a saúde mental e física destes colectivos logo dun período marcado pola ausencia de contacto social e as consecuencias da covid-19.

O concelleiro de Benestar, Sergio García, manifestou a súa satisfacción “co éxito da iniciativa, que completou todas as prazas dispoñibles ás poucas horas de abrirse a convocatoria”. Neste sentido, asegurou que “o goberno local seguirá apostando por organizar actividades que potencien o benestar de toda a veciñanza”.

Relacionadas

Inauguración da exposición de pintura “Terra Medida” de Alfonso Sanjurjo

0
O mércores 8 de maio ás 20:00h inaugúrase no Centro Cultural A Fábrica a exposición pictórica “Terra Medida” de Alfonso Sanjurjo. Sanjurjo, pintor coruñés; foi...

As augas da Pobra serán escenario da Regata Liga Norte Traiñeiriñas

0
O remo non para na Pobra do Caramiñal. As augas da localidade acollerán a Regata Liga Norte Traiñeiriñas no sábado 4, a partir das...

San Sadurniño aglomera un novo tramo do principal eixo de comunicación entre Bardaos e...

0
Investíronse cerca de 90.000 euros, procedentes integramente de fondos municipais O Concello de San Sadurniño acaba de completar a reparación dun novo tramo viario da...

Folclore e letras galegas fúndense no festival Caramiñas da Pobra

0
Como xa é habitual por estas datas, a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas bota a andar un novo festival, que...

A Marcha Popular do Barbanza conxugou un ano máis deporte e paisaxe

0
O tempo cambiante do 1 de maio non impediu que medio cento de persoas se botase a andar coa XXXVII Marcha Popular do Barbanza,...

As obras de renovación da rede de saneamento e abastecemento de augas en Tatín...

0
· Esta actuación está integrada dentro do Plan de Saneamento do Concello de Bergondo. · Os traballos supoñerán un investimento de case 94.000 euros. Hoxe deron...

Publicacións Relacionadas