Home Deputacións Deputación Ourense A estación de montaña de Manzaneda protagonizará unha das probas femininas máis...

A estación de montaña de Manzaneda protagonizará unha das probas femininas máis importantes do calendario mundial de ciclismo

- Anuncio -

O complexo acollerá tres saídas e unha meta da “ Ceratizit Challenge by A Volta 21”, que arrincará en Manzaneda o 2 de setembro e finalizará o día 5 en Santiago de Compostela, disputándose por primeira vez en Galicia coa participación de 24 equipos e 144 corredoras

Manuel Baltar afirmou que o deporte feminino é “unha aposta firme e indubidable na que hai tempo vimos traballamos desde a Deputación de Ourense”, dentro dun proxecto moito máis amplo para converter á provincia “nun ecosistema de turismo deportivo que agora se consolida a través da alianza coa Volta e o ciclismo feminino”

A estación de montaña de Manzaneda terá un protagonismo especial no calendario mundial de ciclismo ao acoller tres saídas e unha meta da “ Ceratizit Challenge by A Volta 21”, a carreira máis importante do calendario World Tour feminino que arrincará o 2 de setembro no complexo de lecer, deporte e natureza ourensán e finalizará o día 5 en Santiago de Compostela, disputándose por primeira vez en Galicia coa participación de 24 equipos e 144 corredoras.

A estación de montaña foi tamén hoxe o escenario da presentación desta carreira, coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director xeral de Unipublic, Javier Guillén; o xefe territorial de Vicepresidencia da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo; e a deputada de Deportes da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, ademais de alcaldes e alcaldesas da comarca.

“Desde o pico máis alto de Galicia, que nos permite ter a mellor perspectiva de Galicia, hoxe falamos de deporte feminino, unha aposta firme e indubidable na que hai tempo vimos traballamos desde a Deputación de Ourense e na que agora damos un paso máis acollendo durante tres días a carreira española máis importante do circuíto feminino mundial”, dixo Manuel Baltar na súa intervención, quen subliñou a forte vinculación de Ourense coa Volta desde que en 2016 acolleu a presentación e catro etapas da carreira Ourense Termal-Madrid.

Baltar lanzou de novo a candidatura ourensá da proba feminina para 2022, “ano no que os participantes xa poderán vir á nosa provincia en alta velocidade, un factor que nos permitirá impulsar definitivamente o proxecto que no seu día presentamos en Fitur, como é converter a Ourense nun ecosistema de turismo deportivo”. Un traballo de anos que se traduciu, lembrou, na presenza de seleccións nacionais nas contornas termais do Ribeiro para preparar campionatos do mundo ou xogos olímpicos, “e que agora se consolida a través da alianza coa Volta e o ciclismo feminino na estación de montaña de Manzaneda, inmersa nunha nova etapa de xestión para a desestacionalización e da que esta proba é unha mostra evidente”. Todos os deportes, engadiu “encaixan perfectamente na filosofía deste ecosistema, do que forman parte como figuras crave como son os alcaldes e alcaldesas, pois sen a súa cooperación non sería posible un evento destas características”.

Pola súa banda, Javier Guillén agradeceu o extraordinario traballo en equipo representado por tres institucións públicas -Xunta de Galicia e as deputacións de Ourense e A Coruña- e a organización privada dunha carreira “que segue gañando peso e incorpora este ano unha nova etapa no seu percorrido para un total de catro días de competición, coa intención no futuro de chegar a sete xornadas”. Guillén destacou que nas reunións mantidas con Manuel Baltar sempre se centraron en proxectos que fomentasen a práctica deportiva xunto coa promoción do territorio, “e se en 2016 a estratexia foi potenciar o ámbito termal, agora é a quenda desta estación de montaña, á que volvemos tras unha etapa da Volta que se disputou en 2011, e onde atopamos todos os requisitos necesarios para centralizar e atender durante tres días todas as necesidades da organización e os equipos participantes”. Unha contribución á dinamización dos territorios por onde discorre a carreira e á súa promoción grazas tamén á cobertura televisiva nacional e internacional.

Pola súa banda, Manuel Pardo destacou que a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Turismo, é “ cooperador necesario nunha proba que non só é importante para a promoción da provincia, senón tamén para Galicia neste particular Xacobeo que se prolongará a 2022”, mentres Cristina Capelán subliñou “a disposición da Deputación da Coruña a colaborar neste tipo de iniciativas e sobre todo nun deporte onde as nosas paisaxes convidan á súa práctica”.

Percorrido esixente

As mellores corredoras do mundo daranse cita na “ Ceratizit Challenge by A Volta 21” que comezará o 2 de setembro cunha etapa que sairá da estación de Manzaneda e finalizará na Rúa, con 118 quilómetros de percorrido e o paso polo Alto de Portela, de primeira categoría. Na segunda xornada de competición disputarase a primeira cronoescalada da historia da carreira, de 7,3 quilómetros e con principio e final no complexo de montaña. A terceira etapa finalizará en Pereiro de Aguiar tras 108 quilómetros e dous portos, de 3ª e 2ª categoría. O 5 de setembro as corredoras sairán das Pontes e tras percorrer 107 quilómetros acabarán a competición en Santiago de Compostela, onde ese mesmo día tamén finalizará a 76ª edición da Volta a España.

Relacionadas

Deputación e Porto de Vigo exploran novas vías de colaboración conxunta para revitalizar a...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reuniuse este martes co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, a fin de explorar...

A Deputación avanza nas obras de ensanche e mellora da seguranza viaria na estrada...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visitou xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, o tramo de 1.200 metros...

A Deputación aprobará este venres unha achega de máis de 176.000 euros para a...

0
O municipio arousán é o Concello máis beneficiado da Provincia do plan provincial para a mellora das instalacións deportivas ao ter asignados un total...

A vicepresidenta Luisa Sánchez remarca o apoio da Deputación á vela na presentación do...

0
A vicepresidenta e deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe en Vilagarcía de Arousa na presentación do Campionato do Mundo...

Luis López amosa a vontade da Deputación por “tender pontes” coas entidades sociais cun...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, explicou os detalles deste novidoso programa a uns cincuenta representantes de colectivos que...

Xosé María Álvarez Cáccamo lerá este venres no Museo o seu poema longo ‘Berta’,...

0
O mesmo día terá lugar a presentación do catálogo ‘Juan Carlos Meana. O espazo entre as cousas’, que acaba de publicar o Museo Cando en...

Publicacións Relacionadas