HomeOurenseOurenseEsta fin de semana volven as competicións oficiais á piscina municipal Rosario...

Esta fin de semana volven as competicións oficiais á piscina municipal Rosario Dueñas

- Anuncio -spot_img

Ourense acolle o Campionato Galego de Natación Junior e Absoluto de verán

Esta fin de semana volven as competicións oficiais á piscina municipal Rosario Dueñas co Campionato Galego de natación Junior e Absoluto de verán. A cita será durante os días 16, 17 e 18 de xullo, logo que, fai catro semanas polo temporal que sacudiu a cidade, voase parte da cuberta da piscina. Un mes despois, o Club Natación Pabellón Ourense xunto co Consello Municipal de Deportes de Ourense e a Federación Galega de Natación sacan adiante o Campionato Autonómico máis importante da natación galega.

O formato de dito campionato vese modificado para garantir as medidas COVID e é por iso que, as tres xornadas do campionato vanse dividir en seis sesións, tres para a categoría masculina (venres AM, venres PM e sábado AM) e tres para a categoría feminina (sábado PM, domingo AM e domingo PM), cun total de case 300 participantes pertencentes a 21 clubs.

Este campionato vai marcar as posicións no Ranking Nacional de cara a participar nos Campionatos de España Absoluto e Junior.

Publicacións Relacionadas