Home A Coruña O Concello de Miño aproba o proxecto para a renovación da rede...

O Concello de Miño aproba o proxecto para a renovación da rede de abastecemento e do pavimento da vía en Outeiro, Sombreu

- Anuncio -

• O pleno municipal aprobou hoxe esta actuación, valorada en 200.377,84 euros e tamén a proposta para facultar ao alcalde para asinar a escritura na que se formaliza a propiedade municipal das cinco parcelas de Costa Miño.

O Concello de Miño aprobou hoxe en pleno un proxecto valorado en 200.377,84 euros para a renovación da rede de abastecemento en Outeiro ( Sombreu) e, á súa vez, a posterior pavimentación da vía.

A rede de abastecemento de auga situada en Outeiro constitúe un tramo da rede xeral do municipio e, ao ter unha antigüidade superior a 40 anos, necesita claramente unha renovación.

As obras para levar a cabo inclúen a substitución da rede actual de fibrocemento por unha de fundición e a renovación total do pavimento nos tramos onde levarán a cabo as obras. O prazo de execución estímase en 2 meses desde o inicio dos traballos.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, manifestou que a intención do goberno local é a de solicitar á Deputación dá Coruña que colabore co financiamento deste proxecto.

Doutra banda, na sesión plenaria tamén se aprobou a proposta para facultar ao alcalde para asinar a escritura na que se formaliza a propiedade das cinco parcelas de Costa Miño, que pasarán a formar parte do patrimonio municipal e que son: as do campo de golf, unha parcela para uso comercial, outra con destino a determinar e a última que xa conta coas estruturas de 20 vivendas pareadas.

Relacionadas

O Concello da Pobra aproxímalles Luísa Villalta ás crianzas da infantil en formato de...

0
Os/as escolares da Pobra do Caramiñal xa recibiron o agasallo polo Maio das Letras Galegas de 2024, consistente en cadanseu caderno con lapis de...

O Concello adxudica a renovación da Praza dos Estudantes

0
O Concello de Ribeira ven de adxudicar a renovación da Praza dos Estudantes de Ribeira cun orzamento de 82.227,20 euros un prazo de execución...

Neda conmemorará o Día das Letras Galegas con propostas culturais para todos os públicos

0
O Concello de Neda vén de pechar a súa programación especial con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora, música...

O Concello abre este mércores o prazo de presentación de candidaturas para a XXII...

0
Neda premiará un ano máis aos mellores deportistas do municipio. O goberno local comeza os preparativos da que será a XXII Gala do Deporte...

O Concello achega o ‘Viñetas desde o Atlántico’ aos centros educativos da Coruña

0
Baixo o nome de ‘Viñetas desde a escola’, impartiranse obradoiros de iniciación á banda deseñada en catro centros de secundaria e estudos superiores O obxectivo...

O PP de Culleredo anuncia que Tristana Ensinanza, deputada no Congreso, levará á cámara...

0
∙ A portavoz popular, Izaskun García, e varios concelleiros do Partido Popular, acompañaron á deputada durante o percorrido e puideron verificar o mal estado...

Publicacións Relacionadas