A liña 6 mellora a súa frecuencia no novo contrato de transporte e será de 15 minutos

Redacción

A liña 6 da futura rede do transporte urbano, que comunica San Marcos cos Tilos, terá unha frecuencia de 15 minutos cando entre en vigor o novo contrato, fronte á frecuencia actual de 20 minutos. Así está determinado nos pregos de licitación do servizo, tal e como se explicou nas diferentes xuntanzas de presentación das novas liñas, e polo tanto no contrato asinado coa empresa adxudicataria.
A liña 6 mellora a súa frecuencia no novo contrato de transporte e será de 15 minutos
O novo mapa de liñas publicado o pasado luns incluía unha lenda na que se facía referencia a unha frecuencia de 30 minutos para a liña 6, por confusión cos horarios das prolongacións desa mesma ruta. A frecuencia ordinaria da liña 6 no traxecto San Marcos-Os Tilos será de 15 minutos, mellorando así a frecuencia actual de 20 minutos.

Da mesma maneira, a frecuencia da liña 1 que comunica o Hospital Clínico co Polígono do Tambre será de 15 minutos, e non os 20 que por erro se sinalaban na lenda do mapa infográfico.

O Concello vén de publicar novamente o mapa infográfico das novas liñas de autobús, cos axustes necesarios para evitar novas confusións ao respecto do deseño do mapa de rutas, tanto no que ten que ver coas frecuencias como no relativo ás prolongacións das liñas regulares. Está previsto completar esta información con información máis detallada sobre os horarios e paradas de cada liña, que estará tamén dispoñible na futura APP que deberá estar operativa cando entre en funcionamento o novo servizo, antes de que remate o ano.

Comparte este artigo