Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O Concello, coincidindo coas Festas do Ecce Homo, actualiza a imaxe urbana...

O Concello, coincidindo coas Festas do Ecce Homo, actualiza a imaxe urbana de Cerdedo co repintado de rúas, renovación de plantas e mobiliario

- Anuncio -

• O alcalde defende unha xestión equilibrada entre a prestación de servizos públicos e o realce do encanto dos espazos de convivencia veciñal tanto nas vilas como nos núcleos rurais de todo o municipio

O Concello de Cerdedo-Cotobade culmina, coincidindo coa celebración das Festas do Hecce Homo, unha ambiciosa actuación para actualizar e mellorar a imaxe urbana de Cerdedo a través do repintado de rúas, pasos de peóns, renovación de mobiliario urbano, plantas
ornamentais e elementos complementarios dos espazos de convivencia veciñal como prazas, fontes e xardíns.

Nos últimos días un amplio despliegue impulsado desde o Concello permitiu mellorar a imaxe do centro urbano de Cerdedo que comezou por unha limpeza a fondo dos viais interiores e camiños así como polas prazas de principais rúas. Seguidamente se levaron a cabo labores de repintado das liñas de delimitación das rúas e tamén os pasos de peón e zonas de carga e descarga e estacionamento.

Outro dos elementos que centraron a intervención no proceso de embelecemento da vila de Cerdedo foi a renovación das flores dos maceteiros de das zonas axardinadas coa intención de mellorar o aspecto, facelo máis alegre e agradable espazos de convivencia veciñal como as prazas e xardíns.

O mobiliario urbano tamén foi obxecto desta actuación reparando aqueles elementos que sufriran o efecto do vandalismo e repoñendo outros como papeleiras que estaban destrozadas ou simplemente desapareceran da súa ubicación habitual.

A intención do alcalde, Jorge Cubela, é seguir na liña dos últimos tempos de poñer en práctica unha xestión equilibrada entre a prestación de servizos públicos e o realce do encanto dos espazos de convivencia veciñal tanto nas vilas como nos núcleos rurais de todo o municipio.

O alcalde tiña un grande interese en que todo estivera listo para a celebración das Festas do Ecce Homo ás que convidou a veciños e visitantes a disfrutar con seguridade e responsabilidade para o cal salientou tamén a colaboración do Concello con esta festividade tradicional a través da posta en marcha de actividades complementarias que se están a desenrolar estes días para que poidan ser disfrutadas en familia combinando cine, obradoiros e xogos, maxia, música de banda e animación de rúa cunha charanga.

PROGRAMACIÓN LÚDICO-CULTURAL PARA A FIN DE SEMANA
Así, a música de banda será a protagonista da xornada do sábado 24 de xullo onde a Banda de Cerdedo ofrecerá un concerto, a partir das 20:30 horas, na Praza do Concello. A asistencia do público será totalmente gratuíta e a agrupación musical ofrecerá un amplio e variado repertorio con pezas característicos do momento para pasar unha xornada moi agradable.

Finalmente, o programa de actividades péchase o domingo 25 de xullo co pasarrúas por Cerdedo a cargo da charanga “Charandonga” que desde as 18 horas percorrerán as principais rúas e prazas da vila cerdedense transmitindo animación e bo humor facendo máis agradable o verán e dando ambiente festivo a estas celebracións.

O alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge Cubela, lembra á veciñanza a necesidade de respectar as medidas sanitarias e os protocolos contra a Covid-19 facendo un chamamento á responsabilidade. “Queremos que a xente disfrute con sentidiño das festas e que non sexa incompatible un ambiente festivo coas medidas de seguridade e distanciamento que temos que manter en todo momento para que as nosas festas sexan un lugar de encontro e de participación veciñal seguro”, sinalou o rexedor.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas