Home A Coruña Os Concellos de Boqueixón e Vedra acometerán un plan integral para recuperar...

Os Concellos de Boqueixón e Vedra acometerán un plan integral para recuperar e dinamizar o patrimonio material e inmaterial do Pico Sacro

- Anuncio -

Os alcaldes, Manuel Fernández Munín e Carlos Martínez Carrillo, asinaron un convenio de colaboración coa empresa Antiga, gabinete de Patrimonio Cultural

Os alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e Vedra, Carlos Martínez Carrillo, asinaron esta mañá un convenio de colaboración con “Antiga, gabinete de patrimonio cultural” para a realización do Plan Integral de recuperación e dinamización do patrimonio material e inmaterial do Pico Sacro. Unha sinatura que tivo no centro de interpretación do Pico Sacro e á que asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o deputado autonómico Ovidio Rodeiro.

Manuel Fernández Munín explicou que “coa sinatura deste convenio o que se pretende é acadar a conservación e protección do noso patrimonio cultural, que tanta relevancia ten neste Monte Sacro como orixe de Compostela, tal e como se deixa ver no Códice Calixtino”. Pola súa banda, Carlos Martínez Carrillo destacou que o Pico Sacro “merece xa non so discursos e libros senón tamén traballo sobre campo para deixar ás xeracións futuras o coñecemento e o coidado deste patrimonio material e inmaterial que supón todo o que rodea ao Monte Sacro”.

Un punto sobre o que incidiu Ana Isabel Filgueiras, arqueóloga e antropóloga da empresa “Antiga, gabinete de patrimonio cultural”: “é necesario que se fagan intervencións xa, máis aló dos discursos históricos agora toca ir aos lugares e actuar sobre eles. Todos sabemos que o Monte Sacro Condado de Lupa, que era como se chamaba en época medieval, non é so un sitio arqueolóxico, é un lugar mítico e histórico, con ruínas venerables que non somos quen de ver”. Así, citou ao rei Fernando II no século XII que, cando asinaba os foros dicía que había que “defender, amar e honrar sempre os santos lugares. E ese é o espírito deste Plan: defender, amar e honrar estes lugares que nos deixaron os nosos antepasados para telos nas mellores condicións posibles”.

Plan integral

Este plan integral, redactado por Ana Isabel Filgueiras e María del Mar Bóveda López, ten como finalidade a preservación do patrimonio cultural e inmaterial dos lugares que sustentan o mito fundacional de Compostela mediante a protección, recuperación e dinamización do legado cultural do ámbito do Pico Sacro. A primeira actuación a desenvolver será o Proxecto de recuperación do Bosque Sagrado do Monte Ilicino, dada a urxente necesidade de intervención para evitar a súa desaparición.

“O proxecto busca conectar Santiago coa recuperación do Bosque Sagrado e dar a coñecer un santuario forestal de sobreiras, esa árbore especial que está considerada en todas as culturas e que aquí se manifesta dunha forma moi particular”, apuntou Ana Isabel Filgueiras, quen se amosou “sorprendidísima pola actitude dos veciños e veciñas de Vedra en conservar as sobreiras”. Por iso, no proxecto vanse xeolocalizar as sobreiras e todas as árbores históricas da zona, que son aquelas que levan tanto tempo que teñen nome de seu.

Os Concellos de Boqueixón e Vedra financiarán ao 50% o custe total dos traballos necesarios a desenvolver baixo este convenio, que entrará en vigor mañá xoves e estará vixentes ata o 31 de decembro de 2024, coa posibilidade de renovación do mesmo por períodos bianuais a partir do cuarto ano.

Relacionadas

Maxestuosa actuación do alumnado da Escola Municipal de Danza co Crebanoces

0
A elevada calidade artística do alumnado da Escola Municipal de Danza quedou patente unha vez máis esta tarde en Mera, no Auditorio Gabriel García...

Juan Ignacio Borrego, na visita do CLIAC á Cociña Económica: “Pola súa empatía, as...

0
A rapazada que integra o Consello Local da Infancia da Coruña visitou esta tarde as instalacións do comedor social na rúa Socorro, acompañados polo...

O BNG de Oleiros preguntará no vindeiro pleno polas novas analíticas que declaran...

0
Após o tanque de tormentas, de 4 millóns de euros, continúa como zona vetada ao baño Falaba a  Xunta da Galiza aló polo ano de...

O Concello de Carballo duplica o número de minipuntos limpos de proximidade para facilitar...

0
Os novos puntos, situados nos barrios da Milagrosa, O Chorís e O Hospital-San Cristovo, inclúen por primeira vez un depósito específico para material escolar O...

A cabalgata de Papá Noel percorrerá o luns toda Neda para chegar aos nenos...

0
A cita, organizada polo Concello terá lugar o luns 23 de decembro, ao longo de toda a xornada A continuación, terá lugar a tradicional recepción...

Circo e xadrez en San Sadurniño… e avance da programación da fin de semana

0
A Casa da Cultura encheuse esta mañá de risas e números abraiantes coa Gala de Circo que nos ofreceu Culturactiva. Un espectáculo organizado polo...

Publicacións Relacionadas