Home Pontevedra Deza Equina Galicia 2021 convértese dende mañá en referente do mundo do cabalo...

Equina Galicia 2021 convértese dende mañá en referente do mundo do cabalo con cinco importantes competicións e unha alta participación

- Anuncio -

• O VII CAMPIONATO DE ESPAÑA PURA RAZA ESPAÑOLA-ANCCE DE GALICIA, EIXO CENTRAL DESTE EVENTO, CONTARÁ CON PRETO DE 40 GANDERÍAS PROCEDENTES DE DEZ COMUNIDADES AUTÓNOMAS, ADEMAIS DUNHA DE MEXICO

• OS CONCURSOS DE DOMA CLÁSICA REXISTRAN RÉCORD DE PARTICIPACIÓN, AO INSCRIBIRSE 63 BINOMIOS

• ESTA CITA, QUE TERÁ LUGAR NO RING HÍPICO DO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, SERÁ INAUGURADA MAÑÁ POR ANTONIO CRESPO, XEFE TERRITORIAL DE MEDIO RURAL EN PONTEVEDRA

Equina Galicia 2021, organizado pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, converterase desde mañá en referente do mundo do cabalo coa celebración de cinco importantes competicións ecuestres.

O evento será inaugurado mañá polo xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo, quen estará acompaña polos presidentes de ACCEGA e ANCCE (Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Española), Manuel Benavides e Juan José Morales, e polo director da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán.

Equina Galicia 2021, que se celebrará segundo os protocolos establecidos pola Federación Hípica Galega e as autoridades sanitarias para a prevención da COVID-19, desenvolverase ata o domingo na Feira Internacional de Galicia ABANCA e a súa entrada será gratuíta.

Esta cita volverá ter como eixo principal o VII Campionato de España Pura Raza Española- ANCCE de Galicia, o cal será clasificatorio para a final do Campionato do Mundo. Este concurso morfofuncional mantén a categoría 2 estrelas logo de que o ano pasado ascendese debido á súa excelente evolución e o esforzo da organización, ademais doutros aspectos como as magníficas instalacións do recinto feiral no que se leva a cabo. Unha categoría que aumentou o seu prestixio e que supón de novo unha alta participación.

Concorrerán preto de 40 ganderías de dez comunidades autónomas, como son Galicia, Asturias, Cantabria, Estremadura, Castela e León, Madrid, Valencia, Andalucía, Cataluña e Baleares, ademais dunha procedente de México que participará con varias eguas. En total competirán preto dun centenar de exemplares de pura raza española durante os tres días de Equina Galicia e serán os cinco primeiros de cada sección os que se clasifiquen directamente para a cita mundial, debido ao ascenso de categoría.

Celebrado baixo o regulamento da Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Española (ANCCE), emitirase en directo para 68 países, sendo comentado por primeira vez por un speaker. Esta entidade volverá estar presente cun stand promocional.

Récord de participación en Doma Clásica

Ademais do VII Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, Equina 2021 acollerá o sábado tres competicións de doma clásica, as cal conta nesta ocasión con récord de participación, ao estar rexistrados 63 binomios de distintos puntos de España. Unha cifra que ao exceder dos 40 binomios, e para poder celebrarse segundo o regulamento, fixo necesario habilitar dúas pistas en lugar dunha e incrementar o número de xuíces a catro.

Estes concursos serán a XXIII Copa Accega, o Territorial e o III Trofeo Xunta de Galicia – Medio Rural de Doma Clásica, competición esta última que pretende fomentar as pequenas explotacións de cría de cabalos selectos para o deporte que xeren actividade no medio rural e na que poden participar todas as razas de cabalos de deporte europeos.

Enganches e xornadas técnicas

Por outra banda, o domingo levarase a cabo a primeira xornada de liga da Copa Galega de Enganches, a cal celebrará un total de seis xornadas nesta tempada. Organizada pola Federación Galega de Enganches, contará cunha ducia de rexistrados de distintos puntos de Galicia e cinco modalidades: Mini Poni, orientada a nenos que participan cunha carruaxe tirada por un poni; Sulky, con coches de dúas rodas e un cabalo; Limonera e Troncos, ambas consistentes en carruaxes de catro rodas pero cun cabalo no primeiro caso e con dous no segundo, e tamén Cuartos, os cales son moi vistosos, xa que inclúen catro cabalos.

Ademais, nesta ocasión Equina Galicia acollerá o sábado varias conferencias, organizadas por ANCCE e de máxima actualidade no sector ecuestre. Así, a primeira delas centrarase nas “Novidades na Regulamentación de Concursos Morfolóxicos e Manual de Xulgamento”, sendo impartida por José Ramón Fernández, presidente do Comité Técnico de Xuíces de ANCCE (CTJ). A continuación, Pedro J. Azor, subdirector do Libro Xenealóxico do PRE e director técnico do Programa de Mellora do cabalo español, falará sobre “Novidades no Programa de Cría da Pura Raza Española (PRE)”

Relacionadas

Os maios vestirán O Porriño esta fin de semana

0
Os grupos de música tradicional das asociacións culturais e veciñais amenizarán a festa o sábado pola tarde O Porriño dá a benvida á primavera coa...

A concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal de Baiona organiza un...

0
O próximo 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas que este ano se dedican a Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), unha destacada...

Redondela convida aos clubs deportivos a deseñar unha campaña contra a violencia de xénero...

0
- As concellerías de Deportes e Igualdade convidan aos clubs a propoñer un lema respondendo á pregunta “E ti, por que loitas?” dentro do...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao tecido empresarial da provincia na inauguración...

0
O presidente provincial destacou a importancia da dixitalización do sector na estrea do Hubnet posto en marcha pola Cámara de Comercio en Vilagarcía e...

A Deputación compromete unha axuda de 10.000 euros para colaborar, por vez primeira, co...

0
Os deputados Jorge Cubela e Javier Tourís reuníronse co presidente da Asociación de Amigos de Valle-Inclán, José María Paz Gago, para adiantarlle a posta...

Luis López convida aos profesionais do sector a participar activamente na elaboración da nova...

0
O mandatario, xunto coa deputada Nava Castro, avanzou aos profesionais a convocatoria de mesas de traballo para definir os obxectivos do sector, a realización...

Publicacións Relacionadas