Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu organiza o Ciclo de conferencias "O mar por...

O concello de Bueu organiza o Ciclo de conferencias “O mar por diante”

- Anuncio -

• As charlas terán lugar na Sala Multiusos do Centro Social do Mar ás 20.30 horas, e requírese inscrición previa a través da páxina web municipal


O Concello de Bueu organiza o ciclo de conferencias ‘O mar por diante’, que se celebrará do 3 ao 11 de agosto na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e que busca poñer en valor a historia da vila e recuperar as súas voces culturais e literarias ao longo do tempo. Este proxecto, que naceu xa hai catro anos, comezará o 3 de agosto cunha conferencia a cargo do historiador local Arturo Sánchez, que explicará a relación da familia Riobó coa Illa de Ons.


O 5 de agosto, os escritores e escritoras locais Xaime Toxo, Miriam Ferradáns, Lucía Novas, Antón Mosteiro e Marta Currás dialogarán sobre a literatura e o territorio, nunha mesa redonda que será conducida polo tamén escritor e profesor local Salvador Castro, e na que debullarán as claves da creación e o papel de Bueu na súa literatura.


O 7 de agosto, as persoas que o desexen poderán gozar da ruta cultural “Pegadas do territorio”, que sairá ás 10 horas dende a praia de Pescadoira e chegará ao areal de Beluso ás 13 horas. Precisamente, durante o percorrido lembraranse as figuras de Johán Carballeira, Gonzalo Torrente Ballester e outros escritores que viviron ou estiveron vinculados a estes espazos.
Continuará o programa o 10 de agosto coa conferencia de Francisco Rodríguez Pastoriza titulada “Gonzalo Torrente Ballester. Os anos da Falange”, e xa o 11 Xoan Carmona pechará o ciclo cunha panorámica sobre a conserva en Bueu e os seus protagonistas.


Todas as conferencias terán lugar ás 20.30 horas e as persoas que desexen asistir deberán inscribirse previamente cubrindo un formulario dende a páxina web www.concellodebueu.gal.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas