Home Vigo Mos Mos insta a Fomento a desbloquear os proxectos da N-550 en Amieirolongo...

Mos insta a Fomento a desbloquear os proxectos da N-550 en Amieirolongo e Louredo ante a desesperación da veciñanza

- Anuncio -

Remitiuse unha carta ao Ministerio esixindo unha xuntanza coa Subdelegada do Goberno e representantes da administración local e veciños afectados

Esta semana celebrouse no Multiusos das Pozas unha Xunta de Voceiros dos diferentes grupos integrantes da Corporación Municipal, xunto coa alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, e técnicos municipais; á que tamén asistiu un representante veciñal dos afectados da parroquia de Louredo, José Couñago, para abordar a problemática local co Ministerio de Fomento do bloqueo das obras das necesarias intesección na zona de O Tablado e pasarela peonil en Amieirolongo (parroquia de Sanguiñeda), ambas na Estrada Nacional 550.

Da xuntanza extraeuse a decisión unánime de remitir a Fomento un escrito de ultimátum para que reanude ambos proxectos e de solicitude de reunión entre representantes municipais e veciñais coa Subdelegada do Goberno en Pontevedra, M. Carmen Larriba García, e a persoa responsable destas obras no Ministerio. A devandita carta foi enviada desde a Secretaría Municipal do Concello de Mos asinada por todos os/as voceiros/as da Corporación.

Trátanse ambas de demandas históricas que levan anos comprometidas polo Ministerio de Fomento, polo que a paciencia da veciñanza esgótase tras tan longa espera para dúas obras de mellora da seguridade viaria que son de vital importancia, por tratarse de puntos extremadamente perigosos tanto para peóns como para conductores.

A desesperación dos veciños afectados deixouna patente o propio José Couñago, representante dos habitantes de Louredo, que interviu ao comezo do pasado Pleno celebrado o 22 de xullo, expresando a impotencia que sinte a veciñanza afectada.

No caso da intersección en Louredo existe un proxecto de remodelación da intersección da N-550 que permita o xiro a Pombal, Pantaño e San Gregorio.

O proxecto foi recibido no Concello en 2019, e contou co visto bo e luz verde por parte da parroquia de Louredo, e da administración local mosense; sen embargo o Ministerio de Fomento non chegou a poñer en marcha este proxecto consistente na remodelación da intersección da Estrada N-550 en Louredo, que permitiría o xiro a Pombal, Pantaño e San Gregorio en ambos sentidos. Este proxecto, que será financiado e acometido por Fomento, trátase dunha obra crucial para falicitar os xiros e cambios de sentido de vehículos e optimizar a seguridade viaria nesta estrada nacional.

O proxecto constitúe unha importante demanda veciñal. Esta intersección na zona de O Tablado (no punto quilométrico 148+650 da Estrada Nacional 550) permitirá xiros nese punto en beneficio, sobre todo, dos veciños dos barrios de San Gregorio, Pombal e Pantaño. Esta solución ás demandas da veciñanza era de importancia capital. O orzamento a investir polo Ministerio na acometida desta obra que falicitará os xiros e cambios de sentido de vehículos e optimizará a seguridade viaria na N-550 ao seu paso pola parroquia de Louredo ascende a 711.418,47 euros, IVE incluído.

Así mesmo desde o Concello de Mos e desde a Xunta de Voceiros desta administración local ínstase ao Ministerio de Fomento a que se retome o proxecto da pasarela en Amieirolongo, histórica reclamación dunha pasarela peonil que cruce o nó de Amieirolongo en Sanguiñeda, e que enlace o punto quilométrico 306 da A-52 coa Nacional 550, zona onde se atopan situadas varias superficies comerciais. Cómpre lembrar que foi comprometida fai anos polo Ministerio de Fomento, previndo un orzamento de 130.000 euros, contando xa co proxecto aprobado, permiso de Patrimonio e coa cesión dos terreos por parte do Concello de Mos.
Con esta pasarela evitaríase que os peregrinos (así coma calquera outro viandante e/ou veciño) teñan que cruzar a estrada Nacional 550 no perigoso cruce de Amieirolongo.

Trátase tamén dunha zona, a de Amieirolongo, con moito tráfico rodado debido a que nela conflúen varias entradas e saídas da autovía, o que incrementa a perigosidade para os camiñantes, tendo en conta ademais que, a día de hoxe non existe habilitado ningún paso de peóns nin sinalización específica que optimice a seguridade dos mesmos.

No último informe técnico remitido en 2019 a Fomento, abórdase a situación en materia de seguridade viaria dos itinerarios peonís situados no punto quilométrico 155+500 da estrada Nacional 550. En dito punto quilométrico o Ministerio de Fomento procedeu á construción dunha rotonda que regula o tráfico de vehículos que acceden dende a autovía A-52 á estrada N-550 e que dificulta o tránsito de peóns ao presentar a zona insuficiencia de infraestruturas peonís no lugar e contorno próximo, tales coma tramos continuos e conectados entre si de beirarrúas. Ademais, os tramos de beirarrúas que dende As Angustias e dende Amieirolongo discorren por ambas marxes da N-550 son desconexos ou descontinuos unha vez que chegan á mencionada rotonda e ás conexións da estrada N-550 coa autovía A-52, de maneira que non se garante o percorrido peonil, rematando na maioría dos casos en situacións de volta atrás ou de atravesamento moi perigoso a pé das saídas e entradas á autovía A-52.

Así como o cruce do Camiño de Santiago no dito punto e ademais do trazado do Camiño que ven polo camiño da Quiringosta e se ven na obriga de cruzar dita nacional, existindo un risco importante para os viandantes.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas