Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén inicia os traballos de renovación na fachada da casa...

Pazos de Borbén inicia os traballos de renovación na fachada da casa do concello

- Anuncio -
  • A reforma está incluida no plan municipal de mellora e ampliación de servizos básicos locais
  • O Concello de Pazos de Borbén comezou esta semana os traballos de renovación da fachada da Casa Consistorial. A mellora consistirá na limpeza e repintado da maior parte da fachada e a instalación de elementos preparativos para a humanización da contorna que o goberno local ten proxectada. Os traballos teñen un custo de 36.044,64 euros que se financiarán grazas ao convenio asinado coa Xunta de Galicia.

  • Os traballos comezaron esta semana cos labores de limpeza a presión de toda a fachada para retirar as capas de pintura anteriores, xa deterioradas polo tempo. A continuación, tras reparar os pequenos danos da tarefa anterior e as pequenas fisuras expostas, procederase ao repintado de toda a superficie cunha nova capa de pintura preparada para a súa exposición ás inclemencias meteorolóxicas.

  • Os traballos de renovación tamén inclúen a instalación dunha pequena cinta de pedra do país en preparación da nova beirarrúa que rodeará o edificio e que está incluída no proxecto de humanización da contorna da Casa do Concello que o goberno local quere levar a cabo nos próximos meses.

  • O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, explicou que estes traballos estanse enmarcados no plan de mellora e ampliación de servizos básicos locais que o goberno local está levando a cabo nos últimos meses. “Aos poucos estamos modernizando e renovando as estancias municipais. Algunhas melloras son principalmente estéticas, coma no caso do Concello, e outras buscan mellorar a funcionalidade e os servizos, coma a levada a cabo no pavillón de deportes”, rematou o alcalde.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas