O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor realizou esta mañá unha xornada de traballo no concello de Beariz xunto ao seu alcalde, Manuel Prado, para coñecer os detalles de diversos proxectos executados polo Goberno local, no marco do plan de cooperación local da Deputación.
A visita incluíu as obras de construción do velorio municipal, o campo de tiro municipal, recinto que conta cos trámites de legalización e federación correspondentes, e o centro social de Alvite, que dispón de espazos rehabilitados para o uso veciñal.

