O BNG de Teo denuncia que a propaganda do goberno municipal do PP é evidente, amosando que todo é aparencia e apenas traballo. Os números son teimudos e demostran constantemente como a suposta eficacia de Lucía Calvo non é máis que fachada e publicidade.
Na Conta Xeral do 2025, aprobada recentemente no Pleno Municipal, constátase como máis de tres millóns de euros do Orzamento do ano 2025 quedaron sen gastar no capítulo de Investimentos. É dicir: no capítulo que recolle as inversións reais para o día a día (saneamentos, abastecementos de augas, alumeados, asfaltados de estradas, servizos veciñais…). Unha cantidade que implica que case o 60% deste importante capítulo orzamentario quedou sen gastar. E non é precisamente porque non haxa necesidades nestes eidos dentro do noso concello.
Así, queda evidenciado que malia que no Orzamento de 2025 o capítulo de investimentos se recollían 5.156.186 €, a Alcaldesa e o Goberno do PP só foron quen de xestionar o 41’69% (2.152.817€).
Chámase ineptitude, ineficacia, incapacidade.

