Home Pontevedra Baixo Miño O pavillón do Rosal estrea o seu novo pavimento tras as obras...

O pavillón do Rosal estrea o seu novo pavimento tras as obras de 50.000 euros sufragadas no 80% pola Xunta

- Anuncio -

Lete Lasa destacou a importancia desta actuación para que o balonmán, así coma outros deportes, siga a ser un referente no concello e que o Novás poida desputar os seus partidos nas mellores condicións

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola alcaldesa, Ánxela Fernández, supervisou na mañá de hoxe as obras levadas a cabo no pavillón municipal do Rosal, que contaron cun orzamento de preto de 50.000 euros (48.399,94 euros). Pola súa banda, a Xunta de Galicia achegou o 80% do importe total da actuación (38.719,94 euros), mentres que o concello investiu o 20% restante (9.680 euros).

As obras realizadas no pavillón supuxeron a actuación no seu pavimento para a mellora da práctica deportiva dentro da que destaca o Acanor Novás Valinox que a tempada que vén de concluir xogou no grupo de ascenso á Liga Asobal. Lete Lasa destacou a importancia desta actuación para que o balonmán, así coma outros deportes, siga a ser un referente no concello e que o Novás poida desputar os seus partidos nas mellores condicións. Do mesmo xeito, apuntou o efecto positivo sobre a poboación para que moitos nenos e nenas se animen a practicar balonmán ou calquera outro deportes nas renovadas instalacións.

A Secretaría Xeral para o Deporte afianza tamén o seu compromiso coas infraestruturas deportivas. Dos 32.474.216 euros cos que conta en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas