Éxito total da I Carreira Concello de Oleiros

Redacción

Máis de 600 persoas participaron este domingo na primeira edición da Carreira Concello de Oleiros, unha proba deportiva de 8,5 quilómetros que percorreu as parroquias de Iñás e Nós.

A carreira, que comezou e finalizou na Casa do Pobo de Iñás, tivo a Facundo Medard como gañador na categoría masculina e a Leire García na feminina; aínda que realmente a vitoria foi para todos e todas as participantes, que completaron a proba antes do tempo de corte establecido (1 hora e media).

Ademais, a carreira congregou a todo tipo de corredores, con participantes que foron dende a idade sub 14 ata máster 65, amosando o carácter integrador do evento. Tamén houbo unha notable participación da veciñanza, que ao longo de todo o percorrido animou aos corredores.

Con esta primeira edición, o Concello de Oleiros incorpora unha nova proba ao calendario deportivo municipal, que permite combinar a práctica deportiva co percorrido por un dos grandes espazos naturais de Oleiros, o paseo fluvial de Iñás e Nós.

RESULTADOS: https://carreiraoleiros.ccnorte.com/es/web/resultado/competicion-17818

Comparte este artigo