Home O Morrazo Cangas Colectivos de Moaña e Cangas reciben máis de 16.000 euros de subvención...

Colectivos de Moaña e Cangas reciben máis de 16.000 euros de subvención da Deputación para rehabilitar dous galeóns

- Anuncio -

A deputada de Patrimonio María Ortega explica que as entidades beneficiarias serán Sueste e Sodináutica

Insta a máis colectivos a aproveitar as axudas provinciais para poñer en valor o patrimonio marítimo que “é de todas e todos nós”

A comarca do Morrazo vai recibir máis 16.000 euros en subvencións para poñer en valor o seu patrimonio marítimo fluvial da man de dous colectivos, Sueste e Sodináutica, que rehabilitarán sendos galeóns. Segundo explica a deputada de Patrimonio María Ortega este venres a Xunta de Goberno da Deputación aprobará a concesión das axudas para a Recuperación e posta en Valor do Patrimonio Marítimo Fluvial que, en toda a provincia, chegarán a dezaseis asociacións e suman un total de 128.354,46 euros.

A deputada responsable da área amosouse satisfeita da evolución do apoio provincial ao Patrimonio marítimo fluvial, que no 2020 -o primeiro exercicio das axudas- chegara a 14 colectivos e repartira algo máis de 100.000 euros. A nacionalista animou ás entidades a solicitar nos vindeiros anos o apoio da Deputación xa que as subvencións, dixo, foron “concibidas para mellorar o estado de conservación do noso patrimonio e aliviar as cargas económicas das asociacións quen, con moito voluntarismo, asumen moitos gastos para poder conservar e poñer en valor aquilo que, por ter gran valor patrimonial, é de todas e todos nós”.

No caso do Morrazo, ambos colectivos beneficiarios xa recibiran axudas o pasado ano. Nesta ocasión a Asociación Recreativa e Cultural Sueste ingresará outros 13.888,67 euros para o galeón Eliseo, mentres que a Asociación Sodináutia recibirá 2.280 euros para a reparación do galeón muradán.

No total da provincia a liña de axudas para a recuperación e posta en valora do Patrimonio Marítimo Fluvial chegou a 16 colectivos, principalmente localizados no Salnés (10), pero tamén en Pontevedra (1) e Vigo (3).

Musealización ou promoción sociocultural
Entre as actuacións que podían recibir axuda económica da Deputación están os traballos de rehabilitación en embarcacións co fin de recuperar o seu carácter orixinal ou de manter elementos estruturais que permitan o mantemento da embarcación; así como accesorios e equipamento das embarcacións que fosen de investimento (baterías, motor, depósitos, aparellos, velas, obenques, quilla, drizas, equipamento de salvamento…), sempre destinándose a actividades de promoción sociocultural ou musealización, encaixados na Liña 1 das subvencións.

Outras das actuacións subvencionadas permitida (Liña 2) eran as obras de restauración e conservación de artes e aparellos de pesca e marisqueo tradicionais, ferramentas e maquinaria, instrumental de navegación, útiles de comunicación e sinalización, cordoería, artesanía e demais elementos vinculados á cultura marítima e fluvial, todos eles destinados a actividades de musealización ou difusión social e cultural. Tamén se permitían axudas (Liña 3) ás intervencións realizadas sobre construcións e instalacións de terra (almacéns, fábricas, estaleiros, lonxas, casetas de pesca, embarcadoiros e pesqueiras, entre outras), mostras da arquitectura industrial e popular marítimo fluvial na provincia, para seren reconvertidas en espazos culturais, mais para este subapartado non se presentaron solicitudes .

As axudas desta iniciativa do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, explica Ortega, tiñan un orzamento de 150.000 euros. O importe máximo da subvención para cada actuación non podía exceder do 80% do seu custe total e tampouco non superar o importe de dez mil (10.000,00) euros, mais como nesta edición de 2021 os proxectos financiados non esgotaron a partida orzamentaria, incrementáronse as cantidades para cada colectivo baixo criterios de proporcionalidade e respectando a concorrencia competitiva, así como a valoración técnica do proxecto.

Todas as actuacións subvencionadas teñen a obriga de empregar solucións construtivas de deseño tradicional e orixinal, ademais de materiais propios, quedando excluídas da convocatoria os usos para a pesca ou a acuicultura.

Relacionadas

O BNG reclama axilizar os permisos das festas veciñais en Vigo para evitar a...

0
A fronte nacionalista urxe resolver as situacións “lamentábeis” onde as entidades organizadoras recibiron as autorizacións apenas horas antes do evento ou con el iniciado Xabier...

O Rosal, cidade saudable

0
O Concello vén de adherirse á Rede Española de Cidades Saudables, un programa da FEMP coordinada co Ministerio para impulsar a promoción da saúde...

A Suba de prezos pon en risco a sustentabilidade e o futuro da piscina...

0
O BNG de Sanxenxo teme que o incremento de prezos, que  afecta tanto á veciñanza como a persoas empadroadas noutros concellos, reduza o número de...

Rueda destaca a Feira Internacional Abanca Semana Verde como mostra da potencia do rural...

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a Feira internacional Abanca Semana Verde como unha mostra da potencia e das oportunidades de futuro...

Ponteareas presenta esta fin de semana a marca textil e Os Chocolates “Vila do...

0
O comercio local poderá vender en exclusiva prendas téxtiles bordadas coa marca Vila do CorpusA hostalaría disporá de chocolates Vila do Corpus para vender...

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, inaugura o X Congreso Nacional de Pacientes Crónicos...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no acto de inauguración do X Congreso Nacional de Pacientes Crónicos organizado pola...

Publicacións Relacionadas