Home A Coruña A Xunta destaca que o novo servizo municipal de emerxencias de Noia...

A Xunta destaca que o novo servizo municipal de emerxencias de Noia permite mellorar a eficacia nas intervencións da zona

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos 12 efectivos deste servizo que atende as incidencias dos concellos de Noia, Lousame e Porto do Son

― A Xunta leva investidos neste servizo máis de 247.200 euros en material nos últimos anos, incluído o novo vehículo entregado neste exercicio e dotado con case 150.000 euros para actuar en incendios e labores de salvamento

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos 12 efectivos do servizo municipal de emerxencias de Noia, e destacou que a posta en funcionamento este ano deste grupo para atender as incidencias de Noia, Porto do Son e Lousame, contribúe a reducir os tempos de resposta na zona e a mellorar a cobertura cunha intervención máis áxil e eficiente.

O servizo municipal de Noia permitiu mellorar a cobertura das incidencias nestes municipios, xa que ata agora o concello noiés estaba cuberto polo GES en Brión. Ademais, dá cobertura a Porto do Son, que non se atopaba no ámbito de ningún grupo e liberouse a atención do GES de Brión que abarca unha poboación atendida por riba da media. Este grupo tamén pode ser mobilizado para o concello de Outes cando sexan o medio máis próximo a emerxencia ou para calquera outro municipio no caso de activación dun plan autonómico de Protección Civil.

Santiago Villanueva lembrou a creación deste grupo aprobouse este ano na Comisión de Seguimento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipal (GES), que integran a Xunta, as Deputacións Provinciais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), xunto con outros 5 GES na comunidade galega: 2 en Ourense con sedes en A Veiga e Maceda e 3 na provincia de Pontevedra con bases en A Lama, A Cañiza e Mos/Redondela, este último cunha subsede en cada un dos dous municipios.

Co novo mapa de emerxencias contribúese a completar o mapa de emerxencias de Galicia, que na actualidade conta con 29 GES e 4 servizos municipais como o de Noia. A posta en marcha novos GES supón un incremento de 300.000 euros do investimento anual da Xunta nestes servizos ata os 4,8 millóns de euros, máis da metade do seu custo anual.

A Administración autonómica mantén a súa implicación na dotación de equipamento aos servizos de emerxencias das entidades locais, tanto GES como Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, aos que destinou nos últimos anos 17,5 millóns de euros.

A Xunta leva investidos máis de 247.200 euros nos últimos anos na dotación de material para este servizo con base en Noia, entre eles dous furgóns ou un remolque de emerxencias. Tamén se inclúe o vehículo autobomba urbana lixeiro estreito entregado este ano e dotado con case 150.000 euros para levar a cabo unha primeira intervención en incendios en zonas de difícil acceso, así como en labores de salvamento.

Ademais, a Administración autonómica convoca cada ano dúas ordes de axudas para mellorar o equipamento e para os gastos de funcionamento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), que no caso da de Noia ascende a máis de 32.400 euros o investimento realizado nos últimos anos.

Relacionadas

Máis de 1.200 fotógrafos e fotógrafas participaron nas 26 edicións do Certame Fotográfico Xosé...

0
Entregados a Mónica Vila Ferreirós, Antonio Gutiérrez Pereira, José Manuel Pérez Pena e Mª Goretty Vázquez Rodríguez os premios da edición 26ª28/04/2024.  Mónica Vila Ferreirós,...

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

O Concello subvenciona con 90.000 euros melloras na accesibilidade en tres bloques residenciais da...

0
As achegas municipais permitirán financiar ata o 50% das obras previstas polos veciños e veciñas dos edificios das rúas Almirante Mourelle, Palomar e Barcelona O...

Os XI Premios Juan Mayorga fixeron da Coruña a capital do teatro afeccionado

0
O concelleiro Gonzalo Castro, destacou a importancia das artes escénicas na programación cultural da cidade O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade,...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Publicacións Relacionadas