Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán inicia as obras para rehabilitar e dotar de...

O concello de Nigrán inicia as obras para rehabilitar e dotar de accesibilidade universal a cafetería da instalación municipal de Dunas de Gaifar

- Anuncio -

Adxudicada por 48.348 € a Construcciones Castro, estará rematada a inicios de novembro para, a continuación, sacar a licitación a explotación con todas as melloras xa efectuadas

As obras inclúen a reparación da cuberta, petos, e revestimentos ou a mellora das instalacións eléctricas, de ventilación ou fontanería e eliminación de barreiras arquitectónicas

“Como novidade, a xestión da cafetería estará desligada das instalacións deportivas ou do mantemento da zona verde”, explica o alcalde, Juan González, quen aposta por unha cafetería “que funcione todo o ano”

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para rehabilitar e dotar de accesibilidade universal a cafetería das instalacións municipais de Dunas de Gaifar co obxectivo de, a posteriori, sacar a concurso público a súa xestión. Os traballos, adxudicados a Construcciones Castro por 48,348 € e cun prazo de 2 meses, contemplan reparar e repoñer todos os elementos que non se atopan en condicións óptimas ou foron retirados, así como mellorar a accesibilidade. Non se realizarán cambios na distribución dado que o uso de cafetería se manterá igual nin se intervirá na parcela exterior, xa que a xestión se desligará por completo do seu mantemento e da actividade deportiva. As obras inclúen a reparación da cuberta, petos, e revestimentos ou a mellora das instalacións eléctricas, de ventilación ou fontanería e eliminación de barreiras arquitectónicas

“O obxectivo é entregar a cafetería ao futuro concesionario nun estado óptimo porque repercutirá no beneficio de todos os usuarios e na propia imaxe de Nigrán. Como novidade, a súa xestión estará desligada das instalacións deportivas ou do mantemento da zona verde”, explica o alcalde, Juan González, quen aposta por unha cafetería “que funcione todo o ano e sen actividade de ocio nocturno”.

Segundo o proxecto aprobado, eliminaranse os cortaventos do alzado nordeste ao impedir a accesibilidade e dotaranse aos aseos do equipamento preciso para persoas con mobilidade reducida, xa que actualmente carece del. Paralelamente, debido ao seu mal estado, repararase por completo a cuberta e os seus petos e substituirase o canlón; revisaranse e completaranse as instalacións de fontanería e eléctrica (faltan moitas luminarias e algunha toma); implementarase a ventilación e repoñerase o pavimento da zona de pública da cafetería (on linoleo está moi desgastado e presenta irregularidades). Finalmente, as carpinterías exteriores de aceiro serán renovadas dado o seu gran deterioro, mentres que as interiores só precisan ser pintadas e reparadas puntualmente. As obras inclúen o pintado da fachada e dos interiores (atendendo tamén aos seus revestimentos).

Finalmente, cunha finalidade estética, instalaranse pezas de madeira en vertical en dous tramos de fachada, por un lado na que dá cara as pistas de tenis e, por outro, na posterior, co fin de limitar o actual impacto visual das instalacións de aire.

“Entregaremos ao futuro concesionario unha cafetería renovada e en perfectas condicións para exercer a súa actividade, que é o que máis nos preocupa”, finaliza o rexedor.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas