Home Pontevedra Deza Motor Ocasión Galicia, unha gran mostra de vehículos de segunda man que...

Motor Ocasión Galicia, unha gran mostra de vehículos de segunda man que volve do 19 ao 21 de novembro

- Anuncio -

• A FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA ACOLLERÁ DE NOVO ESTE EVENTO, O CAL CELEBRA A SÚA CUARTA EDICIÓN

• O CERTAME MOSTRARÁ AUTOMÓBILES DE TODOS OS PREZOS, MARCAS E MODELOS

O Salón Motor Ocasión Galicia levará a cabo a súa cuarta edición do 19 ao 21 de novembro, volvendo escoller a Feira Internacional de Galicia ABANCA como lugar de celebración. Consolídase así no calendario do recinto, no cal está presente cunha periodicidade anual desde o ano 2018.

O certame, que estará centrado na venda de turismos de segunda man, ocupará os dous pavillóns principais da Feira Internacional de Galicia ABANCA, os cales suman 20.000 metros cadrados.

Entre as empresas presentes haberá representación de toda Galicia, tanto de compra-venda como de concesionarios, as cales mostrarán vehículos de todos os prezos, marcas e modelos. Así mesmo, todas elas realizarán importantes descontos e ofrecerán as mellores garantías.

Como complemento, a Motor Ocasión contará con distintas actividades que se están xestionando por parte da empresa organizadora, Sac Events.

O horario do certame será durante os tres días de 11.00h a 21.00h. O prezo da entrada será de 3 euros, aínda que os nenos menores de 12 anos poden entrar de forma gratuíta.

O motor, protagonista en novembro

O mundo do motor contará con gran protagonismo no mes de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA. Así, ao Motor Ocasión Galicia precederanlle a semana anterior os certames Auto Classic e Motor Show Galicia, centrados nos vehículos clásicos e de competición.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas