Home Lugo O Camiño de Inverno centrou a sétima edición do Xacobeo Peregrinas celebrado...

O Camiño de Inverno centrou a sétima edición do Xacobeo Peregrinas celebrado en Sober

- Anuncio -

― A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participaron nun encontro no que tamén se deron cita Sabela Maneiro, de As Tanxugueiras, a produtora audiovisual Mamen Quintas, a adegueira Xiana Domínguez e a escritora e catedrática de Matemáticas, Victoria Veguín

― O encontro serviu para seguir abrindo espazos de reflexión arredor do papel da muller na sociedade e na súa relación coa peregrinación e o Camiño de Santiago

O Camiño de Inverno e a experiencia da peregrinación desde un punto de vista multidisciplinar centrou o VII Encontro Xacobeo Peregrinas, que se celebrou no Pazo de Sober no marco desta iniciativa incluída na programación do Xacobeo 21-22.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, foron as encargadas de abrir o encontro abordando o papel da muller e a súa visibilización desde o punto de vista do emprego e do emprendemento vencellado ao Camiño de Santiago, afondando no papel da muller desde unha perspectiva ampla e integradora.

Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia fixo fincapé nas iniciativas que o Goberno galego está a por en marcha para que a celebración deste Ano Santo sexa máis integradora, ampla e diversa como é o caso do programa O Teu Xacobeo que está a piques de rematar. “É un programa que nace de abaixo a arriba, que implica a todo tipo de entidades e asociacións e que nos está a permitiu difundir a celebración do Ano Santo dun xeito integrador e diversificado por todo o territorio, facendo máis presentes os valores do Camiño na propia sociedade galega”.

Pola a súa banda, a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, incidiu na importancia de formar, sensibilizar e reeducar en materia de igualdade de xénero para acabar coa fenda salarial. Sinalou que a corresponsabilidade nas tarefas do fogar é necesaria para que as mulleres teñan as mesmas oportunidades que os homes á hora de acceder a un posto de traballo e puxo en valor as accións formativas que está levando a cabo a Consellería de Emprego e Igualdade para concienciar ao tecido produtivo sobre unha igualdade “práctica e tanxible”.

Neste senso, apuntou a importancia dos plans de igualdade nas empresas e explicou que os programas formativos que apoia a Xunta inclúen cualificación sobre o rexistro salarial (a comparativa dos salarios que as empresas deben facer para saber se as súas traballadoras perciben menos diñeiro que os seus traballadores sen causa algunha que o xustifique), sobre medidas de conciliación e o teletraballo como medida de promoción da corresponsabilidade.

Así mesmo, anunciou que o próximo mes dará comezo un curso sobre acoso sexual no traballo, onde se vai a explicar que é un protocolo de acoso e como seguilo, con casos prácticos que deberán seguir os alumnos e alumnas a través dunha plataforma en liña que permitirá facelo desde os seus traballos ou domicilios.

“Conseguir a igualdade de oportunidades é un camiño longo, hai que seguir dando pasos e que se asenten e consoliden os cambios que imos logrando porque non podemos esperar máis nin retroceder o máis mínimo”, rematou.
Un espazo de reflexión

No encontro tamén participaron Sabela Maneiro, do grupo musical galego As Tanxugueiras; a produtora audiovisual, Mamen Quintas, a adegueira da Ribeira Sacra, Xiana Domínguez e a escritora e catedrática en Matemáticas, Victoria Veguín, que participou de xeito telemático.

O encontro, que é o segundo que se realiza coa participación de público, busca xerar espazos de reflexión que fomenten o intercambio de experiencias arredor da peregrinación e o Camiño de Santiago coa muller como protagonista a través das experiencias das diferentes convidadas.

Despois dos celebrados en Santiago, Mondoñedo, Padrón, Xunqueira de Ambía, Vigo e Portomarín, dedicados aos diferentes trazados da Ruta Xacobea, esta foi a quenda do Camiño de Inverno, o único dos Camiños de Santiago que transcorre polas catro provincias galegas. Da man das convidadas, o evento, que volveu ser retransmitido vía streaming, permitiu afondar nas posibilidades que ofrece esta ruta para os peregrinos así como a experiencia coa peregrinación e co Camiño que tiveron as participantes desde moi diferentes ámbitos de coñecemento.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas