O Concello súmase á Operación Quilo de Amencer, que recolle alimentos, roupa e xoguetes para as familias necesitadas

Redacción

O alcalde, a concelleira de Xuventude e representantes dos grupos políticos municipais participaron en “Quilos por alimentos”

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a concelleira de Xuventude, Tamara Silva, e representantes dos grupos políticos municipais sumáronse esta mañá á iniciativa Operación Quilo, que organiza a asociación xuvenil Amencer. A campaña, que chega este ano á súa edición número 39, ten como obxectivo recoller alimentos, xoguetes e roupa para entregárllelos ás familias máis necesitadas de Ourense no tempo de Nadal.

Con esta finalidade, desenvolven a proposta “Quilos por alimentos”, que consiste en que representantes de colectivos e entidades da cidade pésanse e doan o equivalente o seu peso en quilos ou acheguen fondos para a campaña, que se destinan integramente á compra de alimentos.

O acto, celebrado na Aula Magna do colexio Salesianos, inaugura a campaña deste ano e pretende animar a cidadanía a participar nela.

Máis información: https://amencer.org/2026/operacion-quilo-2

Comparte este artigo