Home A Coruña Trenor destaca na clausura do obradoiro de Boqueixón a alta porcentaxe de...

Trenor destaca na clausura do obradoiro de Boqueixón a alta porcentaxe de alumnos que atopan emprego ao rematar a formación

- Anuncio -

Os alcaldes puxeron en valor a formación especializada recibida por estes 20 desempregados á hora de buscar un traballo

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá na clausura do obradoiro de emprego dual de Boqueixón-O Pino-Touro e Vedra 2020-2021, que este ano formou a 20 persoas en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Un acto no que estivo acompañado polos alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; Vedra, Carlos Martínez; e O Pino, Manuel Taboada, toda vez co rexedor de Touro, Ignacio Codesino, escusou a súa presenza.

Trenor felicitou aos profesores e aos alumnos polo resultado dos traballos realizados neste taller de formación e recalcou que “agora todos os alumnos estades mellor preparados para atopar un emprego e moitos xa contades cunha oferta de emprego incluso antes de rematar a formación”. Neste senso, lembrou que os participantes combinaron un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, e optaron a un contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. “O obxectivo – incidiu – é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente nos do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación”.

Valoración dos alcaldes

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, agradeceu o traballo levado a cabo “tanto polo equipo de formación como polo alumnado. Desexo que estes nove meses fosen moi produtivos e sirvan para que poidades ter mellores posibilidades de atopar un posto de traballo”.

Un punto no que incidiu o alcalde de Vedra, Carlos Martínez, dicindo que “este é un dos mellores obradoiros que recordamos dos últimos anos por todo o que contribuístes a mellorar as contornas dos nosos concellos”, augurando que “vai haber unha gran demanda para este tipo de formación que recibistes”.

Finalmente, o alcalde do Pino, Manuel Taboada, celebrou que “algúns dos presentes xa estades traballando e espero que este diploma que hoxe recibides sexa a mellor carta de presentación cando vaiades a pedir traballo a unha empresa”.

Resolución

Na clausura, o delegado da Xunta informou tamén da resolución completa dos novos obradoiros de emprego dirixidos aos concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes para o ano 2021-2022 que permitirá a realización dun total de 10 talleres na comarca de Santiago, dos cales 6 deles son de carácter dual ordinario, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 4 dirixidos a persoas mozas, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Emprego e Igualdade investirá en políticas activas de emprego na área de Santiago máis de 3,5 millóns de euros

Os obradoiros duais serán os de Ames compartido con Brión, centrado en montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas; Arzúa compartido con Boimorto e Santiso; Ordes compartido con Frades e Mesía; Padrón compartido con Rois e Dodro, Santiago de Compostela e Val do Dubra compartido con A Baña, Negreira e Santa Comba. Pola súa banda, os obradoiros para xente moza impartiranse en Teo compartido con Boqueixón e Vedra; en Santiago de Compostela; en Rois e na Mancomunidade de Ordes.

Estes obradoiros permitirán que un total de 184 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais serán de 9 meses e os dirixidos a persoas mozas de 12 meses.

Trenor destacou que “os obradoiros de emprego permiten dotar a nosa poboación activa de formación de calidade ao tempo que desenvolver un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social, coa posibilidade de acreditalo a través dos certificados de profesionalidade”. Una vez rematados, dixo, “contemplan a opción de traballar nunha empresa da contorna, a xornada completa, por un mínimo de tres meses, a través dos incentivos á contratación concedidos desde a Administración autonómica”.

Ampliación da convocatoria

A Xunta vén de reforzar a convocatoria deste ano de obradoiros , co seu maior orzamento, o maior número de accións e de persoas beneficiarias. Na actual convocatoria se acadan cifras récord: en canto a orzamento, permitirá desenvolver un total de 33 actuacións na provincia entre obradoiros duais e de persoas mozas cun investimento de máis de 11,3 millóns de euros.

As persoas desempregadas que participan nestes programas -desenvolvidos con financiamento autonómico por concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal- poden acceder ao longo de 9 meses a unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade e un contrato de traballo. Unha vez remata o obradoiro, teñen oportunidade de traballar nunha empresa da contorna por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación.

Con esta ferramenta incídese ademais na inserción no mercado laboral de persoas en situación de especial dificultade, entre outras, emigrantes retornadas; mulleres; vítimas de violencia de xénero; persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego; paradas de longa duración; con discapacidade; maiores de 45 anos; ou traballadoras e traballadores que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior.

Relacionadas

O Concello de Fene convida ao acto de izado da bandeira galega en San...

0
O evento terá lugar este sábado, 23 de novembro, ás 12h, e forma parte dun acto expansivo que se desenvolverá en concellos de todo...

Marián Ferreiro entregou ao padelista Iago Fuertes Leonardo o premio ao Mellor Deportista de...

0
O Pazo da Cultura foi novamente esta noite o escenario no que se desenvolveu a Gala do Deporte de Narón, que alcanzou a súa...

O Consorcio Provincial da Coruña aproba o convenio de colaboración co Concello de Arteixo...

0
• Segundo o acordo o goberno local asumirá a cesión da parcela e a edificación das novas instalacións, moito máis acordes para a correcta...

O Concello de Frades reclámalle a Sanidade que garanta unha atención de calidade nos...

0
O alcalde solicitou unha entrevista co conselleiro de Sanidade para buscar unha solución definitiva ás incidencias no servizo, que se traducen en atrasos nas...

A Pobra premiará as vivendas mellor decoradas polo Nadal

0
Un ano máis, as vivendas mellor decoradas da Pobra do Caramiñal terán premio co V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas no seo...

Leiva actuará o próximo 12 de xullo no ciclo Coruña Sounds 2025

0
O Goberno de Inés Rey volve a apostar polas grandes actuacións musicais na cidade durante o verán Leiva actuará na cidade no verán do 2025...

Publicacións Relacionadas