Alternativa pide pór freo ao abandono de mobles e colchóns nas rúas da Coruña

Redacción

O novo calendario de recollida non chega se ninguén controla os contedores.

Alternativa dos Veciños esixe ao Concello que tomen as medidas de control necesarias para evitar a aparición de mobles, electrodomésticos e colchóns abandonados nos contedores. Tamén quere saber que resultados agarda do novo sistema de recollida de voluminosos.
O luns 23 pola tarde, a praza de San Andrés encheuse outra vez de bultos e aparellos vellos. A veciñanza do barrio leva anos avisando deste problema. Preto de alí, na rúa Arco, houbo un aviso a Policía Local ao atoparse a rúa cuberta de cousas tras baleirar unha vivenda.
Este mes o Concello cambiou o procedemento: a recollida de voluminosos reparte a cidade en seis zonas, cada unha cun día fixo, e o 010 segue sendo outra vía. Pode dar resultado, pero só se a xente o coñece e se alguén comproba que se cumpre. Desde o propio Goberno municipal admítese que a situación non mellorou nos últimos anos.
O candidato á Alcaldía, Óscar Roca Roca, resume así a situación: «Ninguén debería ter que esquivar un colchón para chegar á súa casa. Un calendario novo está ben, pero se despois ninguén vixía nin sanciona, a rúa segue igual. Os barrios non piden nada raro, piden o básico: que se cumpra o que está feito».
Desde Alternativa pedimos que se informe ben á veciñanza, tamén aos estudantes e ás comunidades de propietarios. Asímesmo incide na importancia da pronta retirada dos enserres e máis vixianza nos puntos onde a situación é habitual, San Andrés entre eles. Para dentroduns meses facer públicos o balance de avisos e sancións para ver se o sistema serve de algo. E que a empresa de limpeza cumpra o contrato, algo que levamos tempo reclamando.

Comparte este artigo