Home Pontevedra Caldas O Partido Popular desbloquea o saneamen-to nos lugares de Reguengo, na parroquia...

O Partido Popular desbloquea o saneamen-to nos lugares de Reguengo, na parroquia de Godos, e de Paradela, en Bemil

- Anuncio -

• O investimento ascende a preto de 590.000 euros (187.000 euros na parroquia de Godos e 403.000 euros no lugar de Pa-radela de Bemil).

• Fernando Pérez agradece o compromiso do Goberno galego para que estes saneamentos integrais sexan unha realidade pronto e que os veciños dispoñan dun servizo reclamado des-de hai máis de 30 anos e cuxa construción é unha competen-cia municipal.

Os Partido Popular de Caldas de Reis acaba de recibir o compromi-so da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia o compromiso para dotar, mediante a sinatura dun convenio co Concello de Caldas de Reis, da rede de saneamento integral aos lugares de Reguengo, na parroquia de Godos, e de Paradela, en Bemil. Este compromiso chega despois do intenso traballo realizado nas últimas semanas polo grupo municipal popular, e tras moitas xestións con diferentes departamentos tanto do Goberno autonómico como do propio Concello, e que permi-ten desbloquear un proxecto básico e moi importante para os veciños, que levan reclamando desde hai máis de 30 anos.

O voceiro Fernando Pérez lembra que o saneamento é un servizo básico ao que teñen dereito todos os caldenses e que a lei establece claramente que a recollida e depuración das augas residuais é competencia exclusivamente municipal, e neste caso os veciños levan máis de tres décadas pedindo esta infraestrutura sen que o equipo de goberno atendese a súa lexítima demanda. “Por iso, ante a inacción do Goberno local, que nin reserva fondos propios nin reclama colaboración da Deputa-ción de Pontevedra, que é a administración que debe dar resposta a onde non chegan os pequenos e medianos concellos da provincia, o Goberno galego asume o com-promiso cos veciños de Caldas”.

Por iso, os populares destacan “a predisposición” da Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e da Directora de Augas de Galicia, María Teresa Gutiérrez, “para atopar o camiño adecuado e levar a cabo estas obras que ascenden a aproximadamente a 590.000 euros”, dos que 187.000 euros sería para o proxecto de Godos e 403.000 euros para Paradela de Bemil.

Fernando Pérez pon en valor tamén o traballo dos concelleiros José Acha, de Godos, e Sara Martínez, de Bemil, “porque a súa persistencia e preocupación por atender as demandas dos seus veciños van a permitir que isto pronto sexa unha realidade, e demostra que os concelleiros do Partido Popular sempre traballamos duro na defensa dos dereitos dos nosos veciños”.

Por último, din que “agora é fundamental que o equipo de goberno do Concello de Caldas de Reis cumpra os acordos da moción urxente do Partido Popular aprobada onte no Pleno, sen ningún voto en contra, e cos votos a favor do Grupo Popular e do Grupo Socialista do Goberno Municipal a prol de este convenio, e por elo, axilice os trámites iniciais que son da súa exclusiva competencia”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas