Home Pontevedra Ponte Caldelas O Concello de Ponte Caldelas pecha as contas xerais do ano 2019...

O Concello de Ponte Caldelas pecha as contas xerais do ano 2019 cun déficit de -368.977,43 euros e coa práctica totalidade dos gastos realizados con informe negativo de intervención ao detectar irregularidades

- Anuncio -

· Deixou sen pagar facturas por importe de 90.000 euros que endosou ao exercizo deste ano.

· O Concello mantén a débeda viva cos préstamos subscritos coa Deputación e co BBVA de 1.152.745,49 euros cando anunciara na pasada lexislatura que serían saldados antes de rematar o seu mandato.

O Partido Popular de Ponte Caldelas observa con preocupación como o Goberno local aprobou en solitario no Pleno de onte a Conta Xeral do exercizo do ano 2020 cun déficit contable de -368.977,43 euros e cun pasivo non corrente con préstamos a longo prazo que debe o Concello de 1.152.745,49 euros e un pasivo corrente a facer fronte antes dun ano de 873.476,12 euros sumando unha cifra astronómica que supera os 2 millóns de euros de pasivo. A práctica totalidade dos gastos realizados polo Concello contan con informe negativo por parte do interventor ao detectar irregularidades.

Pese a que o alcalde, Andrés Díaz, anunciaba días atras que pechaba o exercizo en positivo“vemos que as contas non minten, como fai el, e reflicten que o peche definitivo do exercizo do 2020 o resultado orzamentario axustado dá como consecuencia un déficit importante.Ademáis, observamos que a 31 de decembro de 2020 o Concello ten deudores pendentes de pago con facturas por importe de casi 90.000 euros, cun déficit por habitante de 66,69 euros e unha débeda viva por veciño de 366,21 euros, casi a metade dos 787 euros que se gastou ese ano por habitante”, indicou o voceiro do PPdeG, Antón Xil.

No balance contable que se levou onte a Pleno a débeda viva acumulada pola mala xestión de Andrés Díaz alcanza a cantidade de 1.152.745,49 euros, onde se inclúen os créditos solicitados polo alcalde á Deputación e ao BBVA, pese a que prometera que prácticamente desaparecerían a finais da lexislatura pasada.

PROVEDORES EN LISTA DE ESPERA SEN QUE SE RESPECTE A ORDE DE PREVALENCIA

O Partido Popular aproveitou a celebración do Pleno para interesarse polo nivel de pagamento das débedas que mantén o Concello cos provedores, autónomos, pequenos empresarios e establecementos locais así como polo informe de intervención onde recrimina ao alcalde que non se respecte de forma habitual a orde de prevalencia no pagamento das facturas que se acumulan nas oficinas municipais.

Para o voceiro do PPdeG, “o peche da Conta Xeral do 2020 vén a darnos a razón cando lle criticamos que prorrogara os orzamentos e cando presentou os do 2021. Para o Grupo de Goberno os orzamento son papeis mollados, un mero trámite no que se van abrindo partidas orzamentarias para ir encaixando os gastos que se van facendo, sen planificación e sin control orzamentario. Así, pese a ser o ano 2020 un ano marcado pola pandemia da Covid-19 vemos como os resultados da xestión económica do Grupo de Goberno segue a tendencia negativa dos últimos anos e iso que moitos dos gastos previstos en excursións, eventos gastronómicos, festas, subidas automobilísticas, verbenas e actuacións musicais foron eliminadas co conseguinte aforro económico para as arcas municipais”.

“Para darnos unha idea da desastrosa xestión económica do Concello non temos máis que botar unha visual a concellos do noso entorno, con orzamento moito máis modesto e coas mesmas dificultades ou máis e, nembargantes, arroxan resultados positivos de tesourería que rondan ou incluso superan os 500.000 euros, o medio millón de euros, dando boa conta dunha economía saneada e de remanentes que poden ser utilizados para atender demandas sociais de primeiro nivel como, por exemplo, a enorme lista de espera do Servizo de Atención no Fogar, o SAF, por exemplo”, concluiu onte no Pleno Antón Xil antes de anunciar o voto negativo do Partido Popular.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas