— Será un centro especializado na atención integral de rapaces con trastornos no ámbito da saúde mental, un modelo pioneiro a nivel nacional
— O Goberno galego investirá 700.000 euros ao ano na posta en marcha deste servizo que contará cunha capacidade de 12 prazas e permitirá a posta en marcha de 20 postos de traballo
A Xunta licitou a creación dun novo centro de protección de menores na Casa da Quintán de Ponte Caldelas. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou hoxe estas instalacións que permitirán a posta en marcha de 12 prazas de atención e a creación de 20 postos de traballo.
Trátase dun servizo moi necesario na provincia de Pontevedra e que será pioneiro a nivel nacional na atención integral e especializada de rapaces con trastornos no ámbito da saíde mental, un modelo pioneiro a nivel nacional. O Goberno galego investirá 700.000 euros ao ano no seu funcionamento.
Este inmoble indiano está distribuído en planta baixa e dúas alturas e cunha estrutura de casa familiar, un deseño que o converte nun recurso ideal para ofrecer un ambiente cálido e acolledor aos menores. Dispón tamén dunha ampla zona exterior para realizar actividades ao aire libre.