Home Deputacións Deputación Pontevedra A Facultade Ágora debate este venres como a mellora do espazo público...

A Facultade Ágora debate este venres como a mellora do espazo público convirte vilas en cidades en “Localidaes atractivas”

- Anuncio -

Participarán o urbanista estadounidense Jeff Speck, o catedrático en Economía José Luís García Delgado e o enxeñeiro Jesús Gómez Viñas

O papel do espazo público e a súa influencia na vitalidade económica das cidades será o tema central do novo seminario da Facultade Ágora que se celebrará este venres baixo o título ‘Localidades atractivas’. Na xornada, á que están citadas máis de 200 persoas representantes políticas e técnicas dos concellos da provincia de Pontevedra, participarán como integrantes do corpo docente persoeiros tan relevantes do ámbito internacional como o urbanista Jeff Speck, o catedrático en Economía José Luís García Delgado ou o enxeñeiro pontevedrés Jesús Gómez Viñas.

Sobre a mesa poranse as teses de que as cidades cun espazo público de calidade son as preferidas por quen pode elixir onde vivir e de que a creación ou redeseño de espazos públicos xeran cidades creativas e atractivas, capaces de atraer poboación e recursos económicos. Ámbalas dúas ideas, defendidas polo modelo ‘Ágora’ provincial, segundo afirma o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, pretenden animar aos concellos no redeseño urbano a pasar á acción aplicando a teoría e modificar a súa trama para priorizar as persoas en lugar dos coches.

O principal protagonista deste seminario será o urbanista e deseñador estadounidense Jeff Speck, quen avoga internacionalmente pola creación de cidades máis camiñables. Autor ou coautor de varios libros sobre planificación urbana, incluído o seu libro de 2012 ‘Walkable City: How Downtown Saves America, One Step at a Time’, o máis vendido da última década sobre planificación urbana, está licenciado polo Williams College e ten unha mestría en Historia da Arte pola Universidade de Siracusa.

José Luis García Delgado é outro dos conferenciantes do vindeiro venres. Catedrático de Economía Aplicada desde 1975, foi durante dez anos reitor da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e é presidente do Círculo Cívico de Opinión. Conta, entre outros, co Premio Nacional de Investigación ‘Pascual Madoz’ na área de Dereito e Ciencias Económicas e Sociais.

Por último, intervirá Xesús Gómez Viñas, enxeñeiro xefe do Concello de Pontevedra, quen é un dos artífices da transformación da cidade a través da reinvención do seu modelo de espazo público e do seu modelo de mobilidade. Dirixe os procesos de cambio encamiñados a mellorar a calidade urbana do municipio do Lérez.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas