Home Xunta de Galicia A Xunta reúnese coa FEGAMP para informar da optimización dos protocolos de...

A Xunta reúnese coa FEGAMP para informar da optimización dos protocolos de actuación no 112 relativos ás emerxencias con animais

- Anuncio -

— A finalidade é optimizar a mobilización de servizos de emerxencia neste tipo de incidencias coa implantación de novos protocolos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron un encontro esta mañá con representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) aos que se lle trasladou a modificación dos protocolos internos de actuación que o 112 Galicia levará a cabo nas incidencias relativas á atención das emerxencias con animais para a súa optimización.

Na reunión participaron tamén o xerente de Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, e o subdirector xeral de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandas, así como os vicepresidentes da Fegamp, Alfonso Villares e Secundino García, e o seu secretario Xeral Eduardo Ramonde.

En datas previas mantivéronse reunións co mesmo obxecto con organismos con competencias nesta tipoloxía de incidencias como Patrimonio Natural ou a Garda Civil.
O obxectivo final das modificacións é a mellora da xestión deste tipo de incidentes así como a axeitada mobilización dos servizos de emerxencia para tal fin, de maneira que se optimice a atención que o CIAE 112 da a cidadanía. Para iso, a implantación de novos protocolos de actuación basearase na existencia dun perigo inminente, sexa real ou potencial, para as persoas.

Así, dende o CIAE-112 Galicia xestionaranse todos os avisos nos que os animais se sitúen en localizacións que supoñan perigo para a cidadanía (estradas, vías férreas…), así como os casos nos que a perigosidade ou actitude agresiva do animal provoque unha situación de emerxencia.

A implantación dos novos protocolos de atención para emerxencias con animais farase efectiva o vindeiro día 15 de novembro do 2021.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das unidades de reprodución asistida do...

0
— Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa —...

Marta Mariño Regueiro toma posesión como directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

0
Trátase dunha nova Dirección Xeral que responde á decisión estratéxica de impulsar o emprendemento e a economía social como vías para a xeración de...

Publicacións Relacionadas