Home Pontevedra Soutomaior finaliza os traballos de asfaltado nos camiños de Alxán e Molarteiro

Soutomaior finaliza os traballos de asfaltado nos camiños de Alxán e Molarteiro

- Anuncio -
  • As actuacións están enmarcadas na primeira etapa do “Plan de Mellora en Camiños e Vías Municipais do Rural”
  • O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de mellora nos camiños de Molarteiro e Alxán de Abaixo. Ambas as actuacións están encadradas na primeira fase do “Plan Municipal de mellora en camiños e vías municipais do rural”, un proxecto que abarca nove actuacións en case todos os barrios do municipio e para o que se destinarán case 150.000 euros provenientes de convenios con diferentes administracións.
    As dúas primeiras actuacións do plan municipal, financiadas grazas ao convenio alcanzado coa Consellería do Medio Rural por un importe de 38.854 euros, , completáronse coa renovación dun total de 2.220 metros cadrados de novo firme. O camiño de Molarteiro acondicionouse coa instalación dunha capa de rodadura de 380 metros de longo cun ancho medio de 3,50 metros. Do mesmo xeito, en Alxán instalouse unha nova capa de firme de 278 metros de longo e 3,2 metros de ancho. Os traballos incluían o realce das tapas de rexistro na calzada a nivel co novo firme e as correspondentes marcas viarias.
    Ademais, como parte de preparación do terreo, regularizáronse a maioría das cunetas para asegurar que están libres de restos orgánicos e vexetais procedentes da limpeza das leiras e camiños. En total a mellora dotou de máis de 2.200 metros cadrados de novo firme á rede viaria municipal coa intención de aumentar a seguridade e confortabilidad do tráfico ademais de previr os problemas que poidan ocasionar as choivas.
    O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou o beneficio que estes traballos supoñen en materia de seguridade viaria para os veciños do rural, “manter os pequenos camiños en bo estado é fundamental para a seguridade viaria dos centos de veciños que os usan para os seus desprazamentos diarios, especialmente durante o inverno cando abundan as choivas e hai menos horas de luz”.
    Dentro desta primeira fase de mellora nos camiños do rural de Soutomaior tamén están incluídas melloras na senda Pereira-Rial, no vial de acceso a Val- Sobral, no barrio de Cortellas, en Vela e dúas actuacións no barrio de Aranza, ademais do acondicionamento doutro camiño no barrio de Alxán.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas