- O edil explicou que o tribunal de cualificación estaba formado por persoal técnico de tres organismos diferentes, polo que non se pode responsabilizar ao goberno local
- O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, saíu ao paso esta mañá das declaracións do portavoz do Bloque Nacionalista, Manuel Lourenzo, sobre a sanción imposta á Xunta de Galicia e aos concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén polo lucro cesante dunha aspirante a profesora no obradoiro de emprego organizado polos tres organismos.
- “Nótase que a campaña electoral xa está a comezar”, indicou Reguera sobre as críticas nacionalistas. “Só iso explica que a oposición queira responsabilizar ao goberno local cando o tribunal cualificador dese proceso estaba formado por persoal técnico de tres institucións diferentes, unha delas a Xunta de Galicia, e non había nin un só cargo político do Concello de Soutomaior”, apuntou o edil.
- Do mesmo xeito, “A sanción vén dada por un problema no prazo no que foi publicada a resolución na que se facía pública a corrección da nota desta aspirante por problemas de transición, segundo argumentou a comisión mixta no seu momento“, explicou Reguera indicando que “a oposición quere sacar rédito político dunha cuestión puramente administrativa e allea ao goberno local”.