Home Pontevedra Caldas O PP de Cuntis esixe seriedade ao Alcalde nas súas declaracións e...

O PP de Cuntis esixe seriedade ao Alcalde nas súas declaracións e reitera que asuma a responsabilidade que lle corresponde cos veciños da rúa do Convento

- Anuncio -

O Partido Popular de Cuntis esixe seriedade ao Alcalde nas súas declaracións e que non engane ós veciños con promesas que el sabe que non vai levar a cabo, coa única pretensión de evadir responsabilidades e culpar a outra administración de cometidos que son exclusivamente municipais.

O Alcalde pode esixirlle á Administración autonómica os prazos que considere, pero os populares tamén lle impoñen ao Goberno local que deixe de confundir aos veciños. Segundo a voceira Isabel Couselo, “as competencias están claras, o Concello non pode levar a cabo obras de humanización nunha estrada que non é municipal, polo tanto coas declaracións feitas en días pasados minte deliberadamente e a conciencia. Pero o que si pode e debe é resolver os problemas dos servizos como o saneamento, de responsabilidade exclusivamente municipal, e pagar os máis de 800.000 euros que se deben por traballos e encargos desde hai cinco anos. Iso si que sería facer os deberes”.

Os populares de Cuntis manteñen a súa postura e apostan pola humanización da rúa do Convento, pero esixíndolle ó Grupo de Goberno que asuma as súas obrigas e comece a traballar xa, renovando o saneamento e demais servizos, que é o primeiro que hai que facer. Do contrario sería, como ben di o Alcalde “empezar a casa polo tellado”.

Para o PP todo o acontecido pon de manifesto a falta de xestión e capacidade de negociación do Grupo de Goberno nos últimos anos. Cuntis precisa integrar dentro do núcleo urbano certos tramos, como a rúa do Convento, rúa da Palma ou circunvalación Don Aurelio e darlle o tratamento que merecen. Para iso o Concello debería comezar por solicitar a transferencia deses tramos, asumilos como municipais, e xestionar eses traspasos do xeito mais produtivo e intelixente para Cuntis. E ata o momento non se fixo nada diso, o que si se fixo foi encargar traballos sabendo que non hai diñeiro para pagalos, endebedando aínda mais a empresas, autónomos e ó propio Concello.

Todo isto é unha mostra mais da manipulación e falta de transparencia á que nos ten acostumado o Grupo de Goberno. Proba diso é o acontecido co último Pleno. O grupo de Goberno tarda 15 días en dar acceso ás imaxes ós grupos da oposición e ademais elimínase a maior parte do Pleno, impedindo ós veciños escoitar a situación real do noso Concello e as declaracións dos grupos da oposición.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas