Home Deputacións Deputación Pontevedra O Museo celebra a terceira edición da súa "Semana Lorquiana" para gozar...

O Museo celebra a terceira edición da súa “Semana Lorquiana” para gozar de Lorca

- Anuncio -

Entre o 26 e o 30 de outubro realizaranse mesas redondas, lecturas teatralizadas, roteiros e contacontos para escolares

O Museo vai desenvolver dende o 26 ata o 30 de outubro unha nova edición da súa ‘Semana Lorquiana’. Trátase das terceiras xornadas organizadas arredor do 25 de outubro, denominado ‘Día de García Lorca en Galiza’, que estarán dirixidas tanto a público infantil como adulto, e serán desenvolvidas por Polo Correo do Vento.
Esta terceira edición vén a consolidar definitivamente o interese do Museo de Pontevedra por divulgar a relación do autor con Galiza, quen se definía a si mesmo como un “poeta galego” e escribiu algunhas pezas no idioma do país. Estas acabaron conformando a obra ‘Seis poemas galegos’, cuxa primeira edición de 200 exemplares se publicou en decembro de 1935, dos que boa parte arderon durante o asalto á imprenta Nós en 1938.
As actividades da ‘Semana Lorquiana’ deste 2021 no Museo comezarán o martes 26 con contacontos para os colexios de Pontevedra. Nestas sesións de 60 minutos aproximadamente realizarase unha narración dirixida ao público infantil, ao tempo que se desenvolve unha ilustración, ambas actividades vencelladas á presenza de Lorca en Galicia e aos fondos do Museo de Pontevedra. Na parte final, a rapazada asistente debuxará por si propia ao poeta granadino nun obradoiro.
Xa para público adulto, celebrarase a mesa redonda ‘Un día das Letras Galegas para Federico García Lorca’ o xoves 28 ás sete e media da tarde. A libreira e escritora Mercedes Corbillón exercerá de moderadora e participarán como relatores o historiador e crítico de arte Ramón Rozas e o editor e escritor Henrique Alvarellos. Á mesa seguiralle unha lectura teatralizada do músico e actor Marcelo Dobode.
Finalmente, o sábado 30 realizarase un roteiro titulado ‘Lorca en Pontevedra’, que partirá á unha da tarde dende o Edificio Castelao do Museo. O roteiro precisará de inscrición previa en polocorreodovento@hotmail.com

Relacionadas

O Castro British International School acollerá a World Robot Olympiad – Vigo 2024

0
O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos de entre 6 e 15 anos apaixonados da robótica do sur de...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

O alumnado do obradoiro de emprego avanza na dixitalización do arquivo municipal

0
Porremprego Cualifica II forma a 10 persoas desempregadas na implantación de tecnoloxías da información e comunicación e en economía dixital na administración Os/as dez alumnos/as...

Nova visita guiada ao Serradoiro dos Carranos, en Covelo

0
Será mañá sábado 4 de maio organizada en quendas de hora e media O Serradoiro dos Carranos abre as súas portas para acoller unha nova...

Covelo destina 386.187,35€ a mellorar espazos e servizos públicos

0
O concello pavimentará camiños municipais, mellorará edificios e cemiterios municipais, lavadoiros, parques infantís, prazas de aparcamento e depósitos de augas, entre outras intervencións O Concello...

Publicacións Relacionadas