Home A Coruña A Xunta pon a punto a piscina municipal de Tordoia cun investimento...

A Xunta pon a punto a piscina municipal de Tordoia cun investimento de 40.000 euros en colaboración co concello

- Anuncio -

_Na actuación de acondicionamento da piscina limpáronse e fixáronse as losetas, e realizouse unha importante labor de pavimentación no exterior instalando un pavimento absorbente de impactos de caucho continuo e acabado en cores, así como a colocación de pedra

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou o concello de Tordoia para supervisar o estado final da obra de acondicionamento realizada na piscina municipal e que mellora notablemente as condicións de uso para os veciños. Neste sentido, o mandatario galego salientou a importancia do mapa de infraestruturas deportivas de Galicia que grazas ao traballo do Goberno galego en colaboración coas entidades locais e provinciais, “adecúase cada día máis ás necesidades da poboación para que os nosos deportistas poidan adestrar e competir nas mellores condicións”.

Acompañado polo alcalde Eduardo Antonio Pereiro, Lete Lasa comprobou o estado da piscina municipal na que se vén de realizar reformas por importe total de preto de 40.000 euros (39.985,79 euros), dos que a Secretaría Xeral achegou 16.000 euros e o Concello de Tordoia os restantes 24.000 (23.985,79 euros). Na actuación de acondicionamento da piscina limpáronse e fixáronse as losetas, e realizouse unha importante labor de pavimentación no exterior instalando un pavimento absorbente de impactos de caucho continuo e acabado en cores, así como a colocación de pedra. Lete Lasa destacou a importancia do deporte en Tordoia e dos seus deportistas como o halterófilo Martín Liste que xa lle dá nome ao ximnasio municipal e que foi recoñecido pola Xunta en 2019 co Premio Deporte Galego ao Xogo Limpo.

A Secretaría Xeral para o Deporte afianza así o seu compromiso coas infraestruturas deportivas. Dos 32.474.216 euros cos que conta en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas