HomeA Coruña100 rapaces participan na 17ª edición do Campus de Fútbol organizado polo...

100 rapaces participan na 17ª edición do Campus de Fútbol organizado polo concello

- Anuncio -spot_img

Comezou hoxe e celebrarase ata o venres nos campos Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco.

Hoxe comezou a 17ª edición do campus de fútbol que cada verán organiza o Concello dentro da programación municipal de actividades culturais e deportivas.

Están a participar preto dun centenar de rapaces, que ata o venres realizarán, baixo a supervisión de técnicos e monitores especializados, diferentes exercicios lúdico-deportivos sempre coa práctica do fútbol como marco referente

O grupo dos máis novos, de 5 a 9 anos de idade, desenvolve a actividade no campo Municipal da Laracha. Os máis maiores, de 10 a 15 anos, xogan na Porta Santa de Paiosaco. En ambos casos o horario é de 10:30 a 13:30 h.

No día de hoxe os dous grupos do campus de fútbol recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Deportes, Patricia Bello.

Publicacións Relacionadas