Home A Coruña 25 xogos diferentes, música, cociñas solares, circo e moito máis na primeira...

25 xogos diferentes, música, cociñas solares, circo e moito máis na primeira edición da Festa da Praia

- Anuncio -

Ademais de bater récords de participación na práctica totalidade das actividades, o programa eu quero Razo-Baldaio conta este ano con novas entidades colaboradoras e con novas propostas. Unha delas é a Festa da Praia, unha actividade para desfrutar do noso litoral en familia que incluirá un espazo lúdico con 25 xogos diferentes, música, cociñas solares, circo e moito máis!

A Festa da Praia celebrarase o sábado 20 en Razo. Está aberta a todas as familias, sen necesidade de inscrición, e está especialmente pensada para dinamizar o tempo de ocio dos máis pequenos e pequenas da casa con actividades coma estas:
• Obradoiro chef solar: espazo de exposición-demostración de distintos produtos feitos en cociñas solares. Con 10 modelos diferentes, entre fornos solares, cociñas parabólicas, funil-panel e os últimos modelos de Go-Sun, mostraremos os principios básicos da cociña solar e o seu manexo, ademais de realizar unha exposición sobre a cocción solar e de abrir as portas á reflexión sobre a crise climática, enerxética e social.
• Ubuntu xogos: espazo lúdico familiar e interxeracional, con 25 xogos de todo tipo.
• Circus magníficus: escola de pre-circo, con zona de equilibrios, malabares, diábolo, pratos chinos…

E todo iso con carpas (por se o tempo non acompaña), animación musical e moitas sorpresas. Non podes faltar! Agardámoste de 12.00 a 15.00 horas en Razo.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas