· Será o xoves, 11 de decembro, no Concello. Ao día seguinte, o venres 12, levará a cabo un contacontos na biblioteca.
Irene Domínguez, veciña de Orto, presentará a próxima semana o seu libro A perrita que non podía durmir, un libro infantil que a autora publicou este ano. Será o xoves, 11 de decembro, ás 12.00 horas no Concello de Abegondo.
Ao día seguinte, venres 12, a biblioteca municipal acollerá un contacontos a cargo de Domínguez dirixido aos nenos e nenas. Durante a actividade, haberá tamén exemplares á venda para quen desexe facerse co libro da abegondesa.
A protagonista da historia é Faíscas, unha perrita con enormes orellas que ten problemas para conciliar o soño por culpa do seu olfacto. A través deste conto, os nenos e nenas terán que acompañar a Faíscas para descubrir o motivo do seu insomnio.



