Home A Coruña A Academia Xacobea celebrará o martes 14 de novembro a xornada xacobea...

A Academia Xacobea celebrará o martes 14 de novembro a xornada xacobea Camiño da Ría de Muros Noia Portus Apostoli

- Anuncio -

Incluirá visitas aos 5 municipios da ría, a inauguración das instalacións cedidas polo Concello de Noia á Academia Xacobea e unha gran Gala Xacobea no Coliseo Noela con intervencións culturais e musicais

A presidenta da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia agarda que sexa “un paso máis de cara a conseguir a oficialización do Camiño da Ría de Muros Noia xa que é de xustiza”

A Academia Xacobea celebrará o vindeiro martes 14 de novembro unha xornada xacobea, denominada “Camiño da ría de Muros e Noia Portus Apostoli”, en colaboración coa Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia. Un evento que foi presentado esta mañá no salón de plenos de Lousame pola presidenta da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, Teresa Villaverde; o concelleiro de Cultura do Concello de Noia, José Pérez; e o catedrático emérito da USC e membro numerario da Academia Xacobea Agustín Dosil Maceira.

Oficialización do Camiño

Teresa Villaverde agradeceu o traballo realizado tanto por Agustín Dosil como por José Pérez para que esta iniciativa teña lugar en Noia xa que “todo o que sexa apoiar o noso Camiño é unha satisfacción e unha boa noticia”. Así, asegurou que “temos moito traballo realizado de recompilación, investigación e divulgación, pero aínda queda un traballo importante por diante e eventos coma este son un paso máis de cara a conseguir o que todos desexamos: a oficialización do Camiño da Ría de Muros Noia, xa que é de xustiza e imos seguir esixindo”.

Neste sentido, volveu agradecer ao Arcebispado de Santiago, “tanto ao actual arcebispo como ao seu predecesor, polo seu recoñecemento como camiño de peregrinación e que os peregrinos poidan obter a Compostela. Uns peregrinos aos que tamén temos que agradecer a súa aposta por este Camiño, procedentes de moitas partes do mundo”.

Pérez: “Falta un pequeno impulsiño”

Un punto, o da oficialización do Camiño, no que tamén incidiu José Pérez, para quen esta visita da Academia Xacobea “é un acto moi importante” xa que “é un pasiño máis para divulgar o noso Camiño a Santiago”. Así, José Pérez destacou que na Gala Xacobea do Coliseo Noela “xuntaranse todos os Concellos do Camiño pola Ría de Muros Noia, o conselleiro de Cultura e o arcebispo de Santiago. Todos as persoas e entidades que teñen decisión na oficialización do Camiño estarán xuntas. Sabemos que hai boa vontade, pero nos falta aínda un pequeno impulsiño, como dixemos hai uns días no Fairway”.

Por outra banda, José Pérez destacou a cesión das instalacións do edificio Casino de Noia, “que se poñen a disposición da Academia Xacobea para esta e futuras reunións que queiran realizar” e animou á veciñanza a participar na Gala Xacobea, que terá lugar ás 20:00 horas no Coliseo Noela. De entrada libre e de balde. “Un evento no que participarán distintas autoridades e no que se detallarán os feitos históricos que xustifican o recoñecemento oficial do Camiño a Santiago da Ría de Muros Noia como Camiño Oficial pola Xunta de Galicia”, concluíu José Pérez.

Finalmente, Agustín Dosil animou tamén á veciñanza a participar na Gala Xacobea no Coliseo Noela pois “pode supoñer un antes e un despois no proceso de promoción desta Ría entre os Camiños de Santiago”. Así, asegurou que “falta aínda un trámite administrativo que agardamos que, co respaldo das investigacións sobre a historicidade realizadas, quede en evidencia da existencia destas peregrinacións”.

Xornada Xacobea

A Xornada Xacobea dará comezo ás 10:00 horas, coa recepción dos integrantes da Academia Xacobea no Concello de Noia e o inicio dun periplo polo itinerario do Camiño de Santiago en cada un dos municipios, onde serán recibidos polas correspondentes autoridades municipais. O percorrido comezará ás 10:00 horas en Noia e seguirá por Muros (10:45 h), Outes (12:00 h), Porto do Son (13:15 horas) e Lousame (14:30 horas).

Ás 17:30 horas terá lugar o acto solemne da Academia Xacobea no Casino de Noia, instalacións cedidas polo Concello de Noia para que a Academia poida celebrar as súas reunións e actividades. Tras a inauguración destas novas instalacións cedidas polo Concello de Noia e a intervención das autoridades civís e eclesiásticas presentes, terá lugar o acto de ingreso de 5 novos membros á Academia Xacobea.

Finalmente, ás 20:00 horas, o Coliseo Noela acollerá unha Gala Xacobea aberta a todo o público con intervencións culturais e musicais. Están previstas intervencións por parte do presidente da Academia Xacobea e de representantes da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, que se encargarán de explicar os feitos documentados que corroboran a historicidade desta ruta xacobea.

Esta xornada xacobea está promovida pola Academia Xacobea, en colaboración coa Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros e Noia, e conta co apoio de organizacións culturais e sociais da bisbarra, feligresías da Ría de Muros Noia, do Arcebispado de Santiago de Compostela e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

Relacionadas

Maxestuosa actuación do alumnado da Escola Municipal de Danza co Crebanoces

0
A elevada calidade artística do alumnado da Escola Municipal de Danza quedou patente unha vez máis esta tarde en Mera, no Auditorio Gabriel García...

Juan Ignacio Borrego, na visita do CLIAC á Cociña Económica: “Pola súa empatía, as...

0
A rapazada que integra o Consello Local da Infancia da Coruña visitou esta tarde as instalacións do comedor social na rúa Socorro, acompañados polo...

O BNG de Oleiros preguntará no vindeiro pleno polas novas analíticas que declaran...

0
Após o tanque de tormentas, de 4 millóns de euros, continúa como zona vetada ao baño Falaba a  Xunta da Galiza aló polo ano de...

O Concello de Carballo duplica o número de minipuntos limpos de proximidade para facilitar...

0
Os novos puntos, situados nos barrios da Milagrosa, O Chorís e O Hospital-San Cristovo, inclúen por primeira vez un depósito específico para material escolar O...

A cabalgata de Papá Noel percorrerá o luns toda Neda para chegar aos nenos...

0
A cita, organizada polo Concello terá lugar o luns 23 de decembro, ao longo de toda a xornada A continuación, terá lugar a tradicional recepción...

Circo e xadrez en San Sadurniño… e avance da programación da fin de semana

0
A Casa da Cultura encheuse esta mañá de risas e números abraiantes coa Gala de Circo que nos ofreceu Culturactiva. Un espectáculo organizado polo...

Publicacións Relacionadas