Home A Coruña A actriz e escritora Paula Carballeira Cabana gaña o IV Premio Laudamuco...

A actriz e escritora Paula Carballeira Cabana gaña o IV Premio Laudamuco para textos Teatrais coa obra “Dentes de coello”

- Anuncio -

O certame, que promove a figura de Vidal Bolaño, foi convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas e contou coa participación de vinte obras

A actriz e escritora Paula Carballeira Cabana (Fene, 1972) é a gañadora da cuarta edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. A autora, residente en Teo, concorreu ao certame coa obra ‘Dentes de coello”, pola que recibirá un premio de 7.000 euros e a edición da peza por parte de Edicións Positivas.

O xurado, reunido de forma telemática, estivo composto por Carlos-Caetano Biscaínho-Fernandes, Marta Núñez Aboy, Ánxela García Abalo, Oti Ríos e Xavier Castiñeira Blanco, quen actuou como secretario. Un xurado que escolleu por unanimidade o texto titulado “Dentes de coello”, presentado baixo o lema “Terrores nocturnos” entre os vinte presentados ao certame. Un momento no que se incorporan á reunión a concelleira de Cultura de Brión, Sandy Cebral, e o técnico de Cultura, Alberte Álvarez, que proceden á apertura da plica correspondente, resultando como autora do texto Paula Carballeira Cabana.

O xurado destacou “a atmosfera da peza na que o soño, a realidade e a violencia xeran unha
paisaxe dual na que a realidade e a irrealidade se mesturan creando unha peza de gran carga
atmosférica”. A acta do xurado destaca ademais “as grandes posibilidades de posta en escena do texto, na que destacan os xogos de sombras e luces, o espazo sonoro, a carga simbólica das personaxes e o desenvolvemento dunha trama chea de terror e surrealismo semellante ás paisaxes audiovisuais do cineasta David Lynch”.

Sandy Cebral puxo en valor que o Laudamuco sexa o premio de maior dotación económica do teatro galego actual, “un desembolso importante para un pequeno Concello como Brión pero é unha satisfacción sacar á luz vinte novas obras teatrais en galego polo que, a pesar da pandemia sanitaria, este premio foi quen de fomentar a redacción de máis de 170 pezas orixinais en galego”.

Primeira gañadora

O acto de entrega está previsto para o luns 16 de maio en Brión, momento no que Paula Carballeira Cabana sucederá no palmarés do Premio Laudamuco a Francisco Antonio Vidal Blanco, Raúl Dans e Xavier Lama López, gañadores das edicións anteriores. Nas súas tres primeiras edicións, o galardón recaeu no lucense Xavier Lama López por “Na miña alma ouvea un lobo” (2019), no coruñés Raúl Dans Mayor por “Só un home bo” (2020) e no ribeirense Francisco Antonio Vidal Blanco por “A vinganza de Fortimbrás” (2021).

Paula Carballeira Cabana (Maniños, Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica cun curso de Posgrao en Arte Dramática na Universidade de Santiago de Compostela. Profesionalmente dedícase ao teatro e á narración oral desde 1994. É integrante da compañía teatral Berrobambán desde 1996, coa que coordinou a programación para público familiar Asteroide B-612, que se desenvolveu na Sala Nada de Santiago de Compostela e no concello de Ferrol.

Os seus últimos proxectos en Berrobambán son “A carreta pantasma”, seleccionado no Festival das Artes Escénicas de Medellín (2019) e “Doppelganger”, coprodución co Centro Dramático Galego e a compañía colombiana Arca de Noe estreada en Santiago en xaneiro de 2019 e seleccionada no Festival das Artes Escénicas de Medellín e no Festival de Artes Alternativas de Bogotá.

Ademais, traballa como actriz ou directora en propostas ocasionais doutras compañías. Ten dirixido os espectáculos “Mundos contados”, “Pequena” e “Rosa Caramela e outras historias” de Talía Teatro. Tamén dirixiu e interpretou a proposta do Centro Dramático Galego para público infantil “A cabana de Babaiagá” (marzo de 2006) e participou como actriz no espectáculo “Desde a sombra. Bufóns e pallasos”, da compañía Magrinyana.

Como dramaturga, o seu traballo máis recente é o texto “Carabela” para a compañía Galeatro, estreado en xaneiro de 2020 e publicado na editorial Galaxia. Ten recibido premios e recoñecementos como: Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, convocado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) nos anos 2006, 2011 e 2018. Mención Especial do Xurado do III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Finalista do Premio ASSITEJ de Textos Teatrales para la Infancia y la Juventud (2015).

Nominada na categoría de Mellor texto orixinal (2007) e na categoría de Mellor adaptación de texto dramático (2016) nos premios María Casares convocados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Finalista nos Premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega na categoría “Mellor obra de teatro” nos anos 2007 e 2014.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas