Home A Coruña A Administración local comprou recentemente unha parcela de 1.181 m² que proximamente...

A Administración local comprou recentemente unha parcela de 1.181 m² que proximamente se acondicionará como área de estacionamento para darlle servizo ao camposanto e aos eventos

- Anuncio -

O Concello de Fene ampliará a superficie de aparcamento fronte ao cemiterio de Sillobre
O Goberno local de Fene pechou recentemente o acordo de compra dun terreo duns dous ferrados de superficie situado xusto diante do cemiterio parroquial de Sillobre. A parcela, que xa está escriturada a nome do Concello, supuxo un investimento de 18.000 euros e destinarase a ampliar a superficie de estacionamento na zona. Deste modo daráselle cumprimento a unha vella demanda veciñal no sentido de solucionar a falla de espazo dispoñible para aparcar cando hai cerimonias fúnebres, pero tamén en días de festa ou actividades desenvolvidas pola SCRD Agarimo que congregan numeroso público.

Segundo explica o concelleiro de Urbanismo, Manuel Polo, a nova propiedade municipal mide 1.181m² e está cualificada “como equipamento dotacional relixioso vinculado ao cemiterio veciñal”. Un uso que seguirá tendo reconvertida en aparcamento “co que ampliaremos considerablemente o espazo de estacionamento na zona, tal e como pediron os veciños e veciñas en varias ocasións”.

O responsable municipal de Urbanismo engade que a compra, cuantificada en 18.000 euros, foi acompañada dun informe técnico coa valoración do terreo “que coincidía coas pretensións económicas da familia propietaria, á que lle agradecemos a súa boa disposición para que a parcela sexa por fin pública e cunha finalidade que beneficiará a toda a parroquia”.

Neste momento nas inmediacións do camposanto de Sillobre, situado a uns 200 metros da igrexa parroquial e do local da SCRD Agarimo, hai marcadas 26 prazas de aparcamento -sen contar as marxes de Doutor Sixto Mauriz-, que a nova superficie incrementará “en aproximadamente 40 máis, dependendo de como se distribúan”.

Manuel Polo avanza neste sentido que os servizos técnicos municipais xa están preparando o correspondente proxecto de remodelación do espazo, co obxectivo de poder solicitar as autorizacións sectoriais pertinentes e licitar os traballos “no prazo máis breve posible”.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas