Home A Coruña A alcaldesa abre o XXIII Congreso da CEDE destacando o liderado como...

A alcaldesa abre o XXIII Congreso da CEDE destacando o liderado como clave na aplicación da intelixencia artificial de forma responsable

- Anuncio -

Inés Rey: “O progreso só é avance cando está ao servizo das persoas”

Á cita asistiron arredor de 1.600 persoas e contou con poñentes como Nadia Calviño, José María Álvarez-Pallete, Francisco Reynés ou Juanjo Cano

A alcaldesa, Inés Rey, abriu esta mañá o XXIII Congreso da Confederación Española de Directivos e Executivos (CEDE), un encontro de referencia nacional que este ano reúne a 1.600 profesionais da dirección baixo o lema ‘Liderazgo en tempos de Intelixencia Artificial’. Entre as persoas relatoras destacan Nadia Calviño, presidenta do Banco Europeo de Investimentos; José María Álvarez-Pallete, presidente executivo de Telefónica; Francisco Reynés, presidente executivo de Naturgy; ou Juanjo Cano, presidente de KPMG.
Rey subliñou a importancia da colaboración entre o sector público e privado para garantir un progreso económico sostible e humano: “Os cimentos do progreso deste país poñédelos as empresas e os emprendedores capaces de xerar actividade económica. É un reto aínda maior nestes tempos de transición, marcados pola irrupción da intelixencia artificial”, afirmou. Rey estivo acompañada por Rosa María Carabel, presidenta do Comité Organizador, e Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña. O acto continuou coa intervención de Nadia Calviño, presidenta do BEI, quen ofreceu un relatorio inaugural sobre o liderado en Europa na nova economía verde e dixital.
Rey destacou o papel da Coruña como capital galega das TIC e sede da primeira Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), un logro que atribuíu ao traballo conxunto de administracións, universidades e o tecido empresarial. A alcaldesa animou a reflexionar sobre o uso ético e sostible da IA, lembrando que “o progreso só é avance cando está ao servizo das persoas”.

Ademais, tivo palabras de recoñecemento para Nadia Calviño, a quen definiu como “un referente de talento e liderado”. Rey agradeceu o seu apoio a proxectos clave para A Coruña, consolidando á cidade como un centro de innovación tecnolóxica e científica.
Visita do Rey de España e clausura do Congreso
A xornada continuou coa visita da súa Maxestade o Rey Felipe VI, quen encabezou unha liña de saúdo oficial a Secretario de Estado de Telecomunicaciones e Infraestructuras Digitales, Antonio Hernando; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e a alcaldesa, Inés Rey. O congreso clausurouse coas intervencións da súa maxestade o Rey, o presidente da Xunta de Galicia e Isidro Fainé, presidente da Fundación CEDE.

Relacionadas

O Pleno aproba un suplemento de crédito de máis de 1,8 millóns de euros...

0
Na sesión ordinaria do Pleno municipal aprobouse cos votos a favor do BNG, Compostela Aberta e PSdG e a abstención do grupo popular, o...

O Concello instalará Puntos Violetas nas festas de Santaia

0
Con motivo da celebración das festas de Santaia de Liáns na praza Esther Pita, o Concello instalará Puntos Violetas as noites de mañá venres...

Marta Villar presenta o seu premiado “Detective Ferruchi” nas Torres

0
A novela que gañou este ano o Premio Xerais será presentada o próximo martes, día 3 de decembro ás 19:30h no Teatro das Torres,...

O Concello rexeita o proxecto de supresión do baipás de Infesta

0
· No pleno de onte emitiuse unha declaración institucional na que se sinala que “non podemos ser sempre vos mesmos vos que paguen vos...

Laxe mellora os datos da recollida selectiva de residuos e sitúase á vangarda autonómica

0
• O último informe de Ecoembes sinala que no municipio cada vez se recicla máis. • A recollida de envases lixeiros no ano 2023 alcanzou...

Traballadores de xardinería manifestándose e Culleredo como unha selva: a inacción do alcalde agrava...

0
∙ “Se se cumpriu co acordo plenario que logramos en outubro do 2023, non se chegou a esta situación de abandono total das nosas...

Publicacións Relacionadas