Home A Coruña A alcaldesa asiste ao “VII Encontro de Cidades para a Seguridade Viaria...

A alcaldesa asiste ao “VII Encontro de Cidades para a Seguridade Viaria e a Mobilidade Sostible” que se celebra esta semana en Valladolid

- Anuncio -


A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o responsable das áreas de Mobilidade, Seguridade Viaria e Sinalización da Policía Local naronesa José Antonio Carballido, desprazáronse a Valladolid para asistir ao “VII Encontro de Cidades para a Seguridade Viaria e a Mobilidade Sostible” organizado polo Concello de Valladolid, a Dirección Xeral de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias. “Entre todos sumamos cidades saudables” é o lema desta convocatoria, iniciada onte e que remata hoxe na Feira de Valladolid.

A sostibilidade ambiental, a seguridade viaria, a saúde e o benestar das persoas que residen nas cidades centrarán a temática das intervencións, co fin de promover cidades máis saudables, humanas e próximas e nas que a cidadanía sexa a protagonista da mobilidade. Así mesmo, analizase o impacto que tivo a redución do límite de velocidade nas cidades e tamén as oportunidades que ofrece o transporte público, a importancia da normativa e a vixilancia na seguridade viaria, a implementación de zonas de baixas emisión, e os desprazamentos a pé ou en bicicleta para unha mobilidade máis sana e sostible. Ponentes como Pere Navarro, director xeral de Tráfico; María José Rallo, secretaria xeral de Transportes e Mobilidade; Ana Montalbán, coordinadora técnica da Red de Ciudades que Caminan; Óscar Moral, asesor xurídico do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade… participaron nesta convocatoria.

Dende a organización recalcaron o feito de que este Encontro se concibe “como un foro de reunión e debate para o análise da mobilidade e seguridade viaria urbana, co obxectivo de difundir, promover e impulsar boas prácticas e experiencias de seguridade viaria e mobilidade sostible”.

A alcaldesa valorou a asistencia a este evento, destacando o feito de que “representa un foro ideal para poder compartir as experiencias que en temas de mobilidade sostible e seguridade viaria estamos levando a cabo en Narón dende hai varios anos e tamén para intercambiar experiencias con diferentes profesionais nestas áreas”

Relacionadas

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover...

0
O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover o autoconsumo eléctrico e estudar a creación dun fondo de...

Publicacións Relacionadas