test
Home A Coruña A alcaldesa Inés Rey remodela o seu goberno co obxectivo de gañar...

A alcaldesa Inés Rey remodela o seu goberno co obxectivo de gañar en eficacia e proximidade

- Anuncio -

Cada un dos membros do goberno será responsable dun distrito da cidade para incrementar a interlocución cos barrios

A alcaldesa Inés Rey anunciou hoxe cambios na organización do traballo no goberno local para gañar en eficacia e proximidade: “Creo que nos podemos sentir orgullosos polo que ten avanzado a cidade nestes 5 anos, mais considero que como goberno aínda temos marxe de mellora en termos de xestión, eficacia e cercanía”, indicou Rey.

A alcaldesa comunicoulles esta mesma mañá aos compoñentes do goberno a nova estructura e repartición competencial “coa que traballaremos a partir de mañá mesmo co fin de conseguir unha maior eficiencia na resolución dos problemas e sobre todo unha maior proximidade cos barrios e, por tanto, aos problemas dos cidadáns e cidadás”.

Rey explicou que cada concellaría, ademais das súas competencias de xestión terá asignado un distrito da cidade co obxectivo de “poder estar máis preto e de forma permanente ás necesidades dos veciños e veciñas dos diferentes barrios”.

A alcaldesa destacou que aínda que as competencias sobre barrios seguirán en alcaldía “a designación dun concelleiro responsable de cada distrito permitiranos ser máis áxiles, estar máis cerca e mellorar a interlocución coas entidades veciñais e cos propios veciños e veciñas”.
Inés Rey quixo felicitar a todo o goberno polo traballo feito ao longo do primeiro ano. “Somos un equipo, os problemas da cidade son de todos e estou segura de que as novas responsabilidades suporán un revulsivo nas distintas áreas e permitirannos meter esa marcha máis, esa velocidade de cruceiro que temos que ter xa neste segundo ano de mandato”, sinalou.

Novo reparto de competencias do Goberno e barrios
● Concellaría de Economía e Planificación Estratéxica, distrito 8: José Manuel Lage. Portavoz e coordinador de proxectos estratéxicos.
● Concellaría de Benestar Social, Participación e Igualdade, distrito 6: Nereida Canosa. Viceportavoz do goberno.
● Concellaría de Infraestruturas e Mobilidade, distrito 5: Noemi Diaz. ● Concellaría de Medio Ambiente, distrito 1: Yoya Neira.
● Concellaría de Cultura e Turismo, distrito 2: Gonzalo Castro.
● Concellaría de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, distrito 3: Fran Díaz. ● Concellaría de Deportes, distrito 10: Manuel Vázquez.
● Concellaría de Emprego, Comercio e Mercados, distrito 7: Diana Cabanas. ● Concellaría de Educación e Innovación Tecnolóxica, distrito 9: Juan Ignacio Borrego. ● Concellaría de Seguridade Cidadá e Interior, distrito 4: Montserrat Paz.

Relacionadas

Incendio nun local hostaleiro da rúa do Concello de Miño

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Betanzos interviñeron pasadas as 14:00 horas deste mediodía nun operativo dirixido á extinción dun lume ocasionado no...

Susana Sampedro foi recoñecida pola súa traxectoria artística polo Concello de Ribeira

0
O Concello de Ribeira fíxolle unha recepción á querida veciña e actriz, Susana Sampedro.Arroupada por familiares, amigos veciñanza foi recepcionada no auditorio vello polo...

Alternativa presenta unha moción sobre a granxa porcina de Lañas

0
Alternativa dos Veciños presentou unha moción sobre as irregularidades na actividade da granxa porcina que se sitúa no lugar da Ermida na parroquia de...

Compostela #mudaoconto con teatro contra o antixitanismo de xénero

0
A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais colabora con AGARESO, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, no seu programa #mudaoconto contra...

O Concello de Ortigueira oferta unha ampla programación de roteiros de sendeirismo durante todo...

0
• A iniciativa ‘Ortigueira ao paso’ é completamente gratuíta e programa 14 saídas entre durante os meses de xullo, agosto e setembro. O Concello de...

Belén do Campo anuncia a licitación das obras de ampliación e mellorado CEIP Mar...

0
 A delegada da Xunta destacou que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, cun centro con maior espazo, confort térmico...

Publicacións Relacionadas