HomeA CoruñaA alcaldesa recibe a Asociación Brañas da Portela e estudará as propostas...

A alcaldesa recibe a Asociación Brañas da Portela e estudará as propostas de mellora das liñas de autobús e melloras do viario público

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu este luns a membros da Asociación Brañas da Portela no marco dos encontros que vén mantendo desde o inicio do mandato co tecido asociativo, social e económico compostelán. Na reunión estiveron tamén o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, e a concelleira de Medio Rural e Relacións Veciñais, Pilar Lueiro.
A alcaldesa recibe a Asociación Brañas da Portela e estudará as propostas de mellora das liñas de autobús e melloras do viario público
O encontro serviu para escoitar as demandas deste núcleo situado na parroquia de Figueiras e para intercambiar información sobre as actuacións que o goberno impulsou no rural ou ten previsto levar a cabo. Froito do encontro, o goberno comprometeuse a realizar un proxecto para que se efectúe o arranxo íntegro do firme da pista asfaltada desde a estrada da DP701 ata o núcleo da aldea da Portela, e logo ata a aldea de Vrins e, neste sentido, trasladouse ao Departamento de Obras que este tramo poida incluírse nun Plan Único da Deputación.

O Concello tamén informou das frecuencias das liñas de autobuses que se prevén no novo contrato do transporte urbano, que está en licitación, e recolléronse as peticións neste eido. E outro dos compromisos acadados é o de encargar un estudo para a instalación dunha depuradora autónoma para dar servizo a máis dunha veintena familias de Vrins e A Portela, para o que as veciñanza facilitará a cesión da parcela.

Na reunión tamén se trataron asuntos relacionados coa iluminación e da accesibilidade, entre outros asuntos.

Estes encontros, forman parte do diálogo que o goberno mantén con todos os colectivos e entidades do concello e se suman a outros ámbitos de escoita activa que se puxeron en marcha neste mandato, como a reactivación de todos os consellos municipais de participación. Non en van, a rexedora pechou o ano presidindo o Consello Municipal de Relacións Veciñais, nun encontro co fin de fortalecer o diálogo entre o Concello e o movemento veciñal. A isto, súmase a nova iniciativa da alcaldesa, que recibirá no Pazo de Raxoi a veciñanza a título individual a partir de febreiro, ou a ampla participación na mesa sectorial de vivenda.

Publicacións Relacionadas